AD Avanza que este ano organiza xa a sétima edición do Trofeo Mini BTT e a cuarta do Trofeo XCO Concello do Porriño
O ciclismo de montaña volverá a ser protagonista no Porriño da man da AD Avanza que este ano organiza xa a sétima edición do Trofeo Mini BTT Concello do Porriño e a cuarta do Trofeo XCO Concello do Porriño. Será os días 13 e 14 de abril, respectivamente, e como os últimos anos disputarase nun lugar privilexiado aos pés do Faro de Budiño.
O ciclismo de montaña volverá a ser protagonista no Porriño da man da AD Avanza que este ano organiza xa a sétima edición do Trofeo Mini BTT Concello do Porriño e a cuarta do Trofeo XCO Concello do Porriño.
Será os días 13 e 14 de abril, respectivamente, e como os últimos anos disputarase nun lugar privilexiado aos pés do Faro de Budiño.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, e o presidente da AD Avanza, David García, presentaron onte os eventos no lugar que será o seu punto neurálxico, a Forna de Budiño. Estiveron acompañados por ciclistas da asociación deportiva organizadora que tamén se subirán á bici para disputar as probas nas que se estima unha participación total de máis de 700 deportistas.
O VII Trofeo Mini BTT Concello do Porriño discurrirá en horario de tarde. Esta proba, dirixida a nenos e nenas de ata 13 anos, está incluída no calendario da Federación Galega de Ciclismo e suma puntos no ranking mini BTT 2024. Arrancará ás 13:30 cos adestramentos e terminará sobre as 18 h.
O IV Trofeo XCO Concello do Porriño, tamén incluído no calendario da federación e puntuable para o ranking da Copa de Galicia 24, arrancará ás 9 h cos adestramentos, seguidas das series de competición cadetes masucilino, master 30-40-50-60 e infantís (10 h); cadete feminino, élite masculino e feminino, junior masculino e feminino, master 30-40-50 feminino (11:30 h) e finalizará coa entrega de trofeos arredor das 13:30 h.
Os representantes municipais puxeron en valor o traballo que a AD Avanza fai no Porriño coa súa escola deportiva permitindo a moitos nenos e nenas que medren neste deporte tan vencellado ao Porriño. Quixeron tamén convidar a toda a veciñanza do Porriño e da contorna a achegarse a Budiño os próximos 13 e 14 de abril e disfrutar dun verdadeiro espectáculo deportivo en plena natureza.