A Selección Galega debutará no nacional de Trail Running

A Federación Galega de Atletismo ven de facer publcio a súa intención de tomar parte por vez primeira no Campionato de España de Trail Running por Seleccións Autonómicas que terá lugar o vindeiro 7 de maio en Berga (Barcelona)

Para o presidente da FGA Isidoro Hornillos ¨E unha gran satisfacción que o nosa selección acuda por vez primeira a este campionato. O Trail Running é unha modalidade que está a experimentar un notable incremento nos últimos anos, tanto en número de licenzas como a nivel de demanda, polo que o noso compromiso é por unha banda dar unha resposta a esa inquedanza e pola outra tomar parte representando a Galicia nos distintos eventos que se organicen ca ferramenta máis importante ca que contamos, a nosa Selección Galega¨

Actualmente os distintos combinados galegos están competindo ao cabo do ano en numerosos torneos tanto de campo a través, de marcha en ruta como de aire libre a través das súas diversas categorías e modalidades, sendo un dos obxectivos e cometidos da FGA representar ao atletismo galego en todas cantas competicións deste índole se poidan intervir e as circunstancias así o permitan.

Con esta edición son xa catro os Campionatos de España por Seleccións organizados ata o momento. A primeira delas desenvolveuse no ano 2019 en Murcia ao cal acudiron un total de oito Seleccións e onde con posterioridade, e coincidindo ca pandemia, seguíronse desenvolvendo tanto no 2020 en Ibiza como no 2021 en La Palma.

TRADICIÓN FEDERADA

Malia a estrea da Selección Galega no Trail Running, a actividade federada en Galicia non é de todo novedosa. Ata o momento un total de sete campionatos autonómicos son os que se viñeron disputando na nosa terra sendo testemuña dos mesmos na súa inmensa maioria, a fermosa contorna da Serra do Barbanza.

DEFINICIÓNS

O Trail Running (TR), é correr nunha contorna natural en campo aberto (montañas, desertos, bosques, praias ou chairas) en cuxo percorrido non pode haber máis dun 20% de superficie asfaltada ou pavimentada. O camiño pode ser variado (camiños, carreiros, pistas…) e a ruta debe estar debidamente marcada.

O TR permite unha gran variedade de distancias, desniveis, terreos e paisaxes.

Nas carreiras de TR os corredores deben portar durante a carreira un equipamento mínimo de seguridade e supervivencia, e a condición de que se permita, poderán usar bastóns para progresar nos tramos máis técnicos do percorrido.

A participación nas carreiras lévarase a cabo con respecto á ética deportiva, á lealdade, á solidariedade e ó medio ambente.

UN POUCO DE HISTORIA

O recoñecemento do Trail Running como nova especialidade atlética produciuse no Congreso da World Athletics WA (antes IAAF) do ano 2015 celebrado en Pekín. A partir deste recoñecemento, as Federacións Membro da WA adquiren a obriga de regular a disciplina do TR nos seus respectivos territorios. A Real Federación Española de Atletismo, como garante da práctica do Atletismo en todas as súas disciplinas en España, ten a responsabilidade de poñer en marcha cantas accións sexan necesarias para o fomento e boa práctica do TR no territorio nacional.

A regulación das carreiras de Trail Running queda recollida no artigo 252 do regulamento da World Athletics .

Desde 2015 os Campionatos do Mundo son auspiciados pola WA, disputándose anualmente e, ata a data, unicamente celebráronse en distancias entre os 50 km. e os 85 km.