A Copa Xunta de Galicia viaxa a Vigo e Pontevedra

Atletismo Feminino Celta en mulleres e Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes cumpriron as estatísticas e proclamáronse campións galegos de Copa Xunta de Galicia de pista cuberta na edición disputada no día de onte en Expourense. Con este novo título a Gimnástica amplía a racha victoriosa de nove edicións consecutivas impoñéndose nos homes e sumando un total de 14 títulos en ambas categorías. Pola súa contra as célticas consiguen sumar o seu noveno título e recuperan a Copa, perdida na anterior edición precisamente a mans da Gimnástica.

EMOCIONES Y MARCAS

Como é habitual o encontro discurriu dunha maneira moi dinámica e intensa durante boa parte das catro horas que durou a competición e onde a emoción da clasificación por clubs engadíase as excelentes actuacións individuais que se presenciaron no recinto cuberto. Entre as mesmas o máis salientable foi o récord de España Sub18 da lucense Xela Martínez quen pulverizaba a plusmarca nacional en máis de seis segundos amosando unha vez máis que estamos diante dunha auténtica xoia do atletismo internacional. A estas alturas pouco máis podemos engadir desta atleta que mide os seus resultados a ritmo de récords e a quen o seu asombroso talento a ninguén deixa indiferente.

A participación da campioa paralímpica dos 100 m. e subcampioa dos 400 m.en Tokio-20 Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural sobre os 60 m. era outro dos engadidos importantes da xornada e cuxa actuación aportou moitos quilates a unha proba que ano tras ano gaña en prestixio e calidade no noso deporte.

Paralelamente a todo elo, a suma das distintas probas iba definindo o selecto grupo de equipos que entraban na loita polo título e na que o RIA Ferrol, Atletismo Narón, Atletismo Santiago e Atletismo Ourense apuraban as súas opcións de estar neses postos de honra.

Finalmente a proba de relevos volvía a ser determinante na definición dos podios que daban na categoría masculina o título a Gimnástica con 92 puntos, seguidos do Real Club Celta con 87 p. e o terceiro lugar para o Atletismo Santiago quen en loita directa co Atletismo Narón finalmente superabao por apenas un só punto.

Nas mulleres tamén axustado triunfo do A.F.Celta por dous puntos de diferencia sobre a Gimnástica de Pontevedra e na que o RIA Ferrol, que marchaba ao fronte da clasificación antes do relevo, finalmente sería terceira con 83 puntos.

POSTA A PUNTO E BOAS PRESTACIÓNS

En canto ao resto de resultados, salientamos os rexistros de Chichu García do Celta nos 60 m. con 6.81, e os 22.03 de Sergio García da Gimnástica e os 25.19 de Ainhoa Reparaz de A.F.Celta sobre os 200 m. Lucía Ferrer da Gimnástica marcaba 8.87 nos valos e nos concursos  Raúl Cortizo pasaba dos 2.00 metros en altura proba na que reaparecía Dario Costas defendendo a camiseta do Atletismo Sada e saltando ata o 1.92. Por último boa actuación de Sergio Coello quen con 7.29 m. lograba os 8 puntos puntos para o Celta no concurso de lonxitude. Tamén salientamos as excelentes prestacións das fichaxes ¨foraneos¨ que viñeron tomar parte nesta copa e na que Iñaki Canal da Gimnástica marcaba uns formidables 47.04 nos 400 m. Na categoría feminina destacado tamén os 7.66 nos 60 m. de Talia Mara Pérez e os 8.76 nos 60 valos de Paula Gonzalez, ambas do Ría Ferrol.