miércoles. 25.12.2024

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou hoxe a terceira proba do Campionato Mundial de Superenduro que terá lugar o vindeiro 18 de xaneiro na Coruña congregando na cidade herculina aos mellores pilotos do mundo. O mandatario galego destacou que ao superenduro como un dos deportes máis duros do mundo practicado por deportistas cunha capacidade de resistencia inimaxinable.

Neste sentido, o responsable do Deporte galego destacou a importancia das tres categorías se poñerán en liza na terceira proba do Mundial de Superenduro. Ademais da categoría Prestige onde se citarán os mellores pilotos do mundo, destaca a categoría amateur -Open Nacional-, unha iniciativa da Federación Galega de Motocicilismo que permitirá a pilotos nacionais de menor nivel poder desfrutar tamén da competición nesta proba de superenduro.

A terceira categoría, a Júnior, será para os pilotos menores de idade. Neste sentido Lete Lasa subliñou a necesidade de apostar polo deporte base e de animar aos máis pequenos a facer exercicio físico para que Galicia poida presumir de pilotos como Marco Díaz. “El e outros moitos”, dixo o secretario xeral, “son as nosas esperanzas de que Galicia siga dando grandes pilotos campións como Jorge Prado ou Gabriel Marcelli”.

A terceira proba do Campionato Mundial de Superenduro chega a Galicia tras o seu paso polas cidades de Cracovia (Polonia) e Riesa (Alemaña). O 1 de febreiro viaxará a Budapest (Hungría) e concluirá o 14 de marzo no país no que comezou, na cidade polaca de Lodz.

A aposta polo motociclismo trae a Coruña a terceira proba do Campionato Mundial de...