8 medallas na Copa Galicia de Taekwondo para o mosense Club Zusanli
Na tarde do mércors celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción aos medallistas do Club Taekwondo Zusanli na Copa Xunta de Galicia.
O tenente alcalde mosense, Camilo Augusto, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros da Corporación Municipal felicitaron ao clube polo gran papel xogado os pasados 22 de outubro e 19 de novembro no campionato de técnica Copa Xunta de Galicia 2022.
Os seus 2 deportistas máis novos, de 5 anos de idade, Anxo e Xoel, fixéronse cun ouro e unha prata no que foi o seu primeiro campionato
A fase provincial, que se disputou en Bueu o 22 de outubro, contou coa participación de 23 dos alumnos de Zusanli. Destes 23 participantes clasificáronse para a fase autonómica 13 deles, con idades comprendidas entre os 5 e 18 anos.
A fase autonómica disputouse o sábado 19 de novembro en Cuntis, e 8 dos taekwondistas de Zusanli acadaron o podio:
Eduardo Román: ouro.
Juan Barcia: bronce.
Eduardo Manuel Torres: bronce.
Xoel Fernández: prata.
Adrián Lorenzo: prata.
Ignacio Román: bronce.
Brais Fernández: ouro.
Anxo Fernández: ouro.
Para os 2 máis cativos, Anxo e Xoel con 5 aniños, foi o seu primeiro campionato e alcanzaron o ouro e a prata, respectivamente.