34 atletas integren a Selección Galega Sub16 camiño de Cuenca
Un total de 34 atletas serán quenes integren a Selección Galega Sub16 que esta fin de semana tomará parte no Campionato de España do CSD de Seleccións Autonómicas que se desenvolverá na cidade manchega de Cuenca e que regresa logo do parón do ano pasado.
O campionato desenvolverase en xornada de sábado e domingo e poderá ser seguido por retransmisión en directo a partir das 16.15 horas do sábado
No que atinxe a selección galega, ca incorporación nos últimos días de Elías Kelin, Marina Pérez, Alejandro Villaverde e os/as relevistas dos 4×100 e 4×300, péchase unha importante selección na que destaca a presenza das campioas de España Sub16 do pasado mes de xullo en Lleida, Xela Martínez da Atlética Lucense quen tomará parte na proba dos 3.000 m. e Antía Pernas do Lucus Caixa Rural Galega quen o fará sobre a proba de velocidade dos 100 m. De igual modo tamén están seleccionadas as medallistas no citado campionato Gema Dacosta do Vila de Cangas en Peso; Alicia Barreiro do Ría Ferrol nos 600 m. e de Lisa Vosberg do AVA no concurso de Pértega.
A Silva, Narón, Marineda e Millaraio, clasificados para disputar o Nacional de clubs Sub14
Noutra orde de cousas, os equipos de Atlética A Silva e Atletismo Narón na categoría feminina e o Marineda Atlético e A. Millaraio na masculina, clasificáronse para tomar parte no Campionato de España Sub14 por clubs que se desenvolverá o vindeiro día 16 e 17 na cidade asturiana de Gijón e que xuntará a un total de 59 formacións clasificadas por estadillo e achegadas de todas as Comunidades Autónomas