Vilagarcía se llena de magia y diversión con el Festaclown

7 Bubbles. ROCÍO CIBES.
Comezan os días grandes do Festaclown Vilagarcía! Mañá inaugúrase a mostra Festaclown co espectáculo Sueños Encantados da Fundación Tchyminigagua

 Mañá comezan os días grandes do festival. Pola mañá, teremos animando as rúas da cidade a Igualarte, Con Eles e Tchyminigagua co espectáculo Animarte. Culturactiva producións estará na Praza de Ravella as 12:30h animando a nenos, nenas e maiores co seu espectáculo Máis Saaabor!

 

Pola tarde, comeza o Certame Festaclown con 7Bubbles e o seu espectáculo Burbulla unha louca comedia de pompas de xabón donde o público é protagonista clave. Con este divertido show, inícianse unha serie de actuacións que se someterán ao ollo crítico do público, que poderá valoralas para decidir o final do festival quen leva o Premio do público deste ano.

 

Tchyminigagua serán os encargados de pechar o día as 21:00h na praza da II República co seu espectáculo Sueños Encantados, o cal nos trae imaxes de festa e carnaval, a través dunha nena que nos fai soñar con encantamentos fantásticos de alegría, paz e vida.

 

 

  • Consulta toda a información sobre o Festaclown aquí