Concerto de Primavera: Unha celebración musical no Rosal

O Auditorio Municipal do Rosal acollerá o sábado 15 de marzo, ás 19:30 horas, o tradicional Concerto de Primavera. Este ano, o evento contará cun programa especial que comezará coa actuación do Coro Infanto-Xuvenil AMDOR.

O coro interpretará as pezas coas que participará no I Concurso Coral Infantil e Xuvenil organizado por ACOPOVI, un certame que se celebrará a finais de mes no Teatro Afundación de Vigo. Desde a organización, confiamos en que o noso coro realice un gran papel neste prestixioso evento.

Na segunda parte do concerto, baixo a dirección de Javier Alonso Pérez, a banda interpretará o pasodobre "Rosal de Plata", de Andrés Pérez, unha peza finalista no Concurso de Pasodobres organizado con motivo do 25º aniversario da Asociación. Ademais, o público poderá gozar de "A Movement for Rosa", de Mark Camphouse, entre outras sorpresas musicais.

A entrada é libre e gratuíta.