Talento en estado puro: la 10ª edición del festival de música juvenil dejó el listón muy alto
A xornada comezou rodeada polas corredoras e corredores da Media Maratón da Cidade de Pontevedra. As pegadas firmes das atletas semellaban música, creando unha sinfonía de superación e coraxe. Ás 11:00h, o Pazo da Cultura de Pontevedra comezou a resoar desde o seu interior. As luces, suaves ao principio, fóronse intensificando, mentres o murmurio do público se convertía nun silencio expectante e cargado de conexión.
O xurado desta décimo sétima edición, formado por Miquel Rodrigo i Tamarit, Miguel Romea e Frank de Vuyst, mantiña a súa atención sobre as bandas participantes, todas cun alto nivel musical e técnico.
A Banda de música xuvenil de Xinzo iniciou coa sua melodía a xornada deste domingo de outubro dentro da sección segunda do certame. Hai que destacar que esta banda conta con escola de música propia na que se imparten todas as disciplinas instrumentais e neste curso escolar conta con máis de 100 alumnos e alumnas matriculadas que auguran un futuro prometedor a esta agrupación musical.
A media mañá foi a quenda da Banda de música municipal de Caldas de Reis, gañadora no 2023 do primeiro premio na Sección Primeira deste certame. Retrospective, de Carlos Pellicer Andrés, foi a súa obra libre seleccionada e podíase sentir, mentres sonaba a peza, a conexión entre os músicos e a audiencia, coma se todos estivesen a experimentar a retrospectiva emocional que evocaba a música.
A partir das 13:00h ninguén quería perder nin unha soa nota da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia. Desde o ano 2020, a banda está dirixida por Adrián Pais Abuín e conta con músicos e músicas con idades comprendidas entre os 10 e os 45 anos. O escenario cobraba vida ao ritmo das primeiras notas, mentres o director guiaba á agrupación con precisión e paixón.
A tarde comezou coa sección primeira e a Banda Escola de Música de Beade dirixida po José Rodríguez Ramos interpretou á perfección a obra obrigadada da súa categoria: Imaxes Olívicas, de Santiago Barreira Davila. Esta banda está composta por unha diversidade de músicos que se reflicte na enerxía e dinamismo que levan a cada unha das súas interpretacións.
A Agrupación Musical do Rosal foi a seguinte banda da sección primeira. Os organizadores do “Festival de Músicos Xoves”, mostraron a súa destreza e o gran sentimento co que logran interpretar cada peza.
A Banda Filharmónica de Amares fixo un peche perfecto para un día cheo de arte, música e emoción compartidas. A banda, formada por 70 músicos, cunha Medalla ao Mérito Cultural outorgada polo Concello de Amares, é hoxe un referente ineludible no panorama Filharmónica Portuguesa e a única representación internacional do certame.
Os e as asistentes nesta xornada do certame permaneceron atentos a cada compás, e gozaron das bandas participantes, desbordantes de talento e emoción. Tras as actuacións foron protagonistas os xuíces do certame que deron a coñecer os seus veredictos:
Sección primeira
Primeiro premio: Agrupación Musical do Rosal // 4.000 €
Segundo premio: Banda Escola de Música de Beade // 2.000 €
Terceiro premio: Banda Filarmónica de Amares // 1.500 €
Sección segunda:
Primeiro premio: Banda de música municipal de Caldas de Reis // 3.000 €
Segundo premio: Banda de música xuvenil de Xinzo // 1.500 €
Terceiro premio: Agrupación Músico Cultural de Ribadumia // 1.000 €
Ademais destes premios económicos, a plataforma Glissandoo outorgou á gañadora de cada categoría un ano de licenza gratuíta do seu software, con acceso a todas as funcións premium.
A organización do Certame de Bandas 2024 quere agradecer a todas as bandas participantes, ao xurado e ao público por facer deste evento un éxito rotundo. Ademais, tamén quere destacar o apoio fundamental dos patrocinadores e colaboradores que fixeron posible a celebración deste certame