Suso Alonso e aqueles 'Bambinos' de O Baixo Miño

'Los bambinos',
Sonaba música interpretada por 'Los Bambinos' e a voz de Suso. Outra das formacións do Baixo Miño que non esquecen os que os que xa frecuentaban as verbenas nos anos sesenta, década que se formou grupo orquestal en A Guarda.

A última hora do serán dos primeros días da segunda semana de Agosto,  outrora na Alameda de A Guarda harmonía e ritmo e a inconfundible voz bambina, envolvía o espazo axardinado

             Soy la que sufre por tu amor
             la que piensa en ti, mi amor
            Y quisiera convencerte

Sonaba música interpretada por 'Los Bambinos' e a voz de Suso. Outra das formacións do Baixo Miño que non esquecen os que os que xa frecuentaban as verbenas nos anos sesenta, década que se formou grupo orquestal en A Guarda.

Si, señor. Naquel local tertuliano e musical, onde se reunían mozos que levaban as corcheas nas veas, despois de pasar pola escola de Alfonso Ulloa na Banda rosaleira de Tabagón ou mesmo do mestre, Xosé Mariño 'Santeiro' que fundara Os Tempores.

Faladoiros ao son dos golpes de martillo para fixar as tapas ao tacón a beira da torre do reloxo, zapatería de Lombita, Manuel Lomba o que sería baixista, laud e clarinete, materializándose aquel soño musical.

Alí estaban a maioría dos compoñentes dunha formación músico-vocal, coñecida aquí e alen Miño por 'Los Bambinos'.

Luis Rodríguez, 'Gabiño' encargado da percusión, fillo daqueloutro inesquecible músico que acompañaba ao acordeonista Xesús, en bodas e banquetes en A Guarda e O Rosal, Igualmente inesquecible, Celso Dominguez 'Cabriñas', acordeón teclado Farfisa; Xesús Alonso, guitarra e voz, incorporándose despois os dous metales, Xosé Luis Rodríguez Martinez  'Mateiro' con trompeta, ex-alcalde de O Rosal e inesquecible Emilio Sánchez, saxo.


A Liga de Amigos de O Rosal foi o primeiro palco, onde subiran os xóvens músicos noutrora, 25 de novembro de 1962,  que pouco a pouco, foron acadando sona aquí e alén Miño, amenizando bailes e verbenas, programas festivos compartillados con formacións de todo Galicia, na época dourada da música. Os Duendes, Microns, Magos de España, Sintonía de Vigo, Saudade, París, Los Santos, Arquinos, Trovadores, Finisterre, Poceiro, Chicos del Jazz, Florida ou Roma,  entre outras orquestras e conxuntos, mesmo recinto, tarde ou noite, igual que nalgunhas salas de Festas do Sur de Galicia, alternando escenario, música e voces en vivo de Os Pequenikes, Dúo Dinámico, Los Alba, Julian Granados ou Mike Kennedy, cuando subían a Galiza, concretamente a provincia de Pontevedra.

Suso, a voz de Los Bambinos.


Eran como unha familia, nos días ou vésperas da Virxe do Pilar, Santa Ana en Sandian, San Vicente en Marzán, as Candelas ou San Brais en San Xoan de Tabagón, San Xulian en San Xian, todas elas no Concello de O Rosal e outras moitas mais celebracións coterráneas, mesmo en A Marina de A Guarda, onde creceu e se formou a voz da formación, amparada polo técnico de son, recordado Marcial, para que mozas e mozos bailasen o seu ritmo e disfrutando da voz do vocalista Suso, o que segue rodeado de amigos o son das ondas do mar, no seu natal porto de A Guarda.

            Soy quien espera comprensión,
            y te pide, mi amor
            Que me enseñes a quererte.