Sinsal Primavera 2023

Ece Canli © PELIN KAZAK.
Comeza unha nova edición de Sinsal Primavera 2023, este venres 19, ás 20.30 horas, evento cultural impulsado pola promotora viguesa Sinsalaudio coa intención de visualizar propostas musicais singulares vinculadas á experimentación e á creación contemporánea.

Este venres 19, ás 20.30 horas, comeza unha nova edición de Sinsal Primavera 2023, evento cultural impulsado pola promotora viguesa Sinsalaudio coa intención de visualizar propostas musicais singulares vinculadas á experimentación e á creación contemporánea.

O evento, que conta coa colaboración principal do Concello de Vigo, e co apoio do MARCO, do Instituto Camões e da Sala Radar, ofrecerá esta fin de semana unha programación conformada por cinco proxectos de vangarda liderados por seis bandas ou solistas chegadas de distintos puntos de España, Portugal, Suíza e Turquía.

Angélica Salvi © Dinis Santos.

PROGRAMACIÓN SINSAL PRIMAVERA 2023

Venres 19 | MARCO de Vigo *
20:30 horas - Angélica Salvi
21:30 horas - Ece Canli

* As entradas para as sesións no MARCO darán acceso, de balde, aos directos da Sala Radar do venres 19 (SIPHO., 22:45h) e sábado 20 (Ana Lua Caiano, 23:00h).

 

ARTISTAS VENRES 19

ANGÉLICA SALVI (España) | MARCO. Venres 19, 20:30 horas
https://angelicasalvi.bandcamp.com/music 

Angélica Salvi, arpista española afincada en Porto desde o 2011, dedícase á improvisación dentro da música contemporánea e a electroacústica, explorando varias técnicas de preparación e amplificación do instrumento en busca de novos timbres e sonoridades. A arpista convida o público a mergullarse nas súas vivencias emocionais e espirituais, servíndose delas para escribir o guión dun soño. Partindo da acrobacia do exercicio respiratorio (inhalar, exhalar) e Da dinámica das mareas, Salvi explora o universo da repetición nunha invocación cósmica e estruturada do transo, facendo deste un movemento magnético e sincopado. Nesta viaxe interior, onírica e intimista, o público é guiado por camiños ondulantes, nunha experiencia potencialmente espiritual, a través de sons ambiguos e multifacéticos: desde Papei Nziengui ata Alice Coltrane.

 

ECE CANLI (Turquía) | MARCO. Venres 19, 21:30 horas
https://www.youtube.com/watch?v=CFJ1b4lfIXg 

Ece Canlı é unha artista multidisciplinar, música e investigadora nada en Turquía e afincada en Porto. Na súa práctica artística e vocal explora os estados liminales dos corpos agonizantes e demonizados, a desvinculación corporal e mental e as expresións extralingüísticas a través de técnicas vocais estendidas. Colaborou con varios artistas, músicos e coreógrafos a nivel internacional e creou pezas sonoras para actuacións, exposicións e vídeocreaciones. Actualmente compón e actúa en Cobra'Coral (trío vocal con Catarina Miranda e Cléila Colonna) e no Sinsal Primavera presentará o seu debut en solitario: Vox flora, vox fauna.