Sentada na rua
Todas as cadeiras teñen unha historia. A historia de cada un dos centros, entidades e colectivos que deron forma a VII intervención Artística.
Historias reais, de superación, que falan da soidade, da braveza, do heroismo, de momentos tristes e outros de maior ledicia e nace con dous obxectivos, afastar un obxecto tan común como é unha cadeira, do seu uso cotiá e darse así un novo significado dentro do espazo. Unha idea de ir mais alá de xeito que poidamos convertir unha simple cadeira nun obxecto que active a nosa memoria- a través de recordos e experiencias- para espertar as nosas emocións e rachar co consumismo masivo, coa obsolencia programada que crea no comprador a necesidade de renovar os productos a pesares de que súa vida útil non rematara.
"Intervención artistica na Rua " xa tradicional realizase co obxectivo de habitar e utilizar o espazo para crear conexións e favorecer encontros de convivencia entre a cidanía, Xerar un espazo de arte público, con conciencia social,interactivo, participativo e progresista , convertindo a arte en axente social e como diálogo de realización colectiva.
A Porta do Sol, da cidade olívica este venres, 21 de xuño, teceronse relacións, aprendizaxes, complicidades e colaboracións, poñendo en valor o potencial creativo e a diversidade social da contorna igoalmente dar visibilidade ás diferentes capacidades e perpectivas de diversos grupos da nosa sociedade.