#RFGquedanacasa ofrece seus vídeos desde as redes sociais
A Real Filharmonía de Galicia ten
en marcha a iniciativa #RFGquedanacasa a través das súas redes sociais:
Facebook, Twitter e Youtube. Trátase dunha
serie de vídeos nos que os membros da orquestra e o seu director titular,
o Mestre Paul Daniel, envían mensaxes de agradecemento e ánimo a “tod@s @s
valentes que están a traballar para axudarnos e protexernos nestes intres
difíciles“. Ademais, a RFG quere aproveitar esta situación de estado de alarma
para levar a súa música a todos os fogares, dun xeito cercano e divertido.
Hoxe xoves, 30 de abril, interpretan desde as súas casas a canción 'Rosa de Abril', xunto á mezzosoprano Marta Infante, dirixidos por Paul Daniel. Un fermoso poema de 'Cantares Gallegos' de Rosalía de Castro, con música de Andrés Gaos, orquestrada polo compositor galego Joam Trillo en 2018.