El rapero canario Quevedo, entre outros da lista mundial de reproducións en Spotify, en Vigo
A Xunta de Galicia, a través da programación musical do Xacobeo 21-22, traerá a Vigo o vindeiro mes de agosto ao primeiro artista español que logra ser líder nas listas de reproducións da plataforma Spotify. O canario Quevedo, que situouse nos últimos días no número 1 do Global Top 50, actuará no Festival de Música Urbana que se celebrará no peirao de Transatlánticos.
A sesión musical de Quevedo e o arxentino Bizarrap acadou ata o momento un total de 53 millóns de reproducións en Spotify e máis de 84 millóns en Youtube. Xunto ao granadino, tamén estarán na cita viguesa do 27 de agosto os andaluces Ajax y Prok e Califato 3/4, a alicantina Safree e a viguesa Sila Lua. As entradas xa están á venda na plataforma Ticketmaster e tamén nas tendas de El Corte Inglés cun prezo de 29 euros.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou a aposta do Goberno galego para incluír nos Concertos do Xacobeo aos grupos máis punteiros do xénero urbano a nivel nacional. “A oferta musical do Xacobeo en Vigo abarca todos os estilos e esta cita tamén responde aos gustos dos mozos e mozas viguesas”, sinalou.
A Xunta de Galicia, no marco da celebración do Xacobeo 21-22, programou este ano máis de 70 concertos incluídos no programa concertosdoxacobeo.gal; un encontro real coa música, a creatividade e a interacción.
MUSE, C.TANGANA, FESTIVAL LATITUDES...
Ademais do Festival de Música Urbana, a Xunta xa programou outras actuacións na cidade. Así, o trío británico Muse estará o 8 de setembro no Estadio de Balaídos para ofrecer unha das tres datas que ten reservadas en España.
Co patrocinio do Xacobeo tamén estarán en Vigo C. Tangana (23 de agosto no Porto de Vigo) e xa estivo Rufus Wainwright (2 de xullo en Afundación). Ademais, están en marcha outros dous ciclos (Xacobeo Vigo e Xacobeo Importa) e un festival (Latitudes) para conformar unha oferta que chegará ata os vinte concertos na cidade.
No que respecta á area metropolitana, o Xacobeo 21-22 leva actuacións a Mos (Morat e Tanxugueiras), O Porriño (Taburete), Redondela (M-Clan), Tui (Xoel López), A Guarda (Beret), Soutomaior (Dani Fernández), Cangas (Roi Casal), Baiona (Andrés Suárez) e Oia (Tanxugueiras).
Calendario musical do Xacobeo en Vigo
Xacobeo Importa:
17 de xuño: Pat Metheny – Auditorio Mar de Vigo
26 de xuño: Marisa Monte – Afundación
7 de xullo: Agnes Obel – Afundación
10 de xullo: Leon Bridges – Auditorio Mar de Vigo
Rufus Wainwright: 2 de xullo (Afundación)
Ciclo Xacobeo Vigo (Auditorio Mar de Vigo):
6 de xullo: Fat Freddy’s Drop
17 de xullo: Steve Vai
22 de xullo: Yann Tiersen
9 de agosto: Texas
26 de agosto: Cimafunk
Festival Latitudes: (Porto de Vigo)
19 de agosto: Two Door Cinema Club, Mando Diao, Bala e Zalomon Grass
20 de agosto: Iggy Pop, The Vaccines, Aphonic, Furious Monkey House
C. Tangana:23 de agosto (Porto de Vigo)
Festival Música Urbana:27 de agosto (Porto de Vigo)
Ayax y Prok
Quevedo
Califato
Sila Lúa
Safree
Muse: 8 de setembro en Balaídos