O Porriño canta por bulerías

Feira de Abril no Porriño este domingo.
O vindeiro domingo 28 de abril O Porriño vivirá por unhas horas un pouco da maxia da Feria de Abril na praza do Cristo a partir das 18. 00 horas. Os encargados de amenizar o ambiente serán o grupos Andalu-sí e Pasión Flamenca, que repiten este ano.

O vindeiro domingo 28 de abril O Porriño vivirá por unhas horas un pouco da maxia da Feria de Abril na praza do Cristo a partir das 18. 00 horas. Os encargados de amenizar o ambiente serán o grupos Andalu-sí e Pasión Flamenca, que repiten este ano.

O grupo rociero Andalu-sí é coñecido por toda Galicia polo seu repertorio de música popular andaluza, como flamenco, sevillanas, rumbas ou salves. Andalu-sí fórmano Álex Márquez (voz), Lito González (percusión) e Juan Zamudio (guitarra e voz), tamén componentes e excompoñentes do coro rociero da Casa de Andalucía de Vigo. Soen actuar en bares, tabernas e feiras locais, onde xa empezan a engadir algunhas cantigas de taberna e outras cancións populares galegas como parte do seu repertorio.

O baile de Pasión Flamenca, grupo dirixido por Silvia Moreno, non dexará indiferentes aos presentes, aos que de seguro conquistarán coa súa forza, alegría e elegancia.

A Asociación Española Contra o Cancro do Porriño estará presente vendendo rifas por valor de 2€ para sortear un xamón. O recaudado irá íntegramente para a loita contra o cancro.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Cultura e Festexos, Bienvenido Estévez, xunto con integrantes do grupo de baile, presentaron onte o evento e aproveitaron para convidar á veciñanza a participar nesta festa que nos trae un anaquiño de Andalucía ao noso pobo, no que hai cabida para tódalas culturas e representacións artísticas.