Plácido R. Castro: Do galeguismo á pintura, un intelectual poliédrico con raíces luso-galaicas

Plácido R. Castro, un destacado intelectual galego do século XX, presenta unha exposición de acuarelas que retratan unha "Galicia soñada".
Ate hai ben pouco, a faceta de pintor e debuxante de Plácido R. Castro, descoñecida. Trátase de un dos máis destacados intelectuais galegos do século XX, dotado dunha infinita curiosidade e unha actividade cultural desbordante ao longo de toda a súa vida.

Ate hai ben pouco, a faceta de pintor e debuxante de Plácido R. Castro, descoñecida. Trátase de un dos máis destacados intelectuais galegos do século XX, dotado dunha infinita curiosidade e unha actividade cultural desbordante ao longo de toda a súa vida.

En 1928, será o primeiro etnográfico galego en Irlanda, tradutor da poesía inglesa de vangarda á lingua galega, locutor dun programa de radio igualmente na mesma fala, na popular cadea de radio británica BBC, Correspondente do Xornal El Pueblo Gallego e do Jornal de Noticias do Porto na city londiniense.

Impulsor das Irmandades da Fala e un dos  fundadores do Partido Galeguista en 1931, salientable foi tamén a súa faceta de ensaísta plasmada nunha obra referencial para Galicia, "La saudade y el arte en los pueblos célticos” (1928), e decidido impulsor dun turismo cultural respectuoso coa paisaxe, e está no miolo da creación nos anos 60 de festas de tanta raizame como a Romaría Vikinga de Catoira e a Festa do Albariño de Cambados, e a de pintor e debuxante outra actividade agora patente no Museo Mar de Vigo de Alcabre, baixo o título " "Unha Galicia soñada", composta por 82 acuarelas, das que o Director  Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante o acto de  inauguración, destacou "a sensibilidade pola cultura mariñeira que expresan as súas pinturas", unha exposición aberta ao publico ata o 2 de marzo e completarase coa publicación dun catálogo.

Ilustrou as paisaxes da Costa da Morte e Muxía, das Rías Baixas, Cambados e outras localidades. Tras a Guerra Civil e unha estancia obrigada en Coruxo, segundo Francisco Fernandez del Riego, " dedicábase a pintar acuarelas dunha gran delicadeza, que evidenciaban a súa sensibilidade" , Casa de Ramón Cabanillas", "Muiño da Seca", son algúns títulos das acuarelas cuxo autor forma parte das personalidades mais senlleiras e poliédricas do galeguismo.