'PIPEREGRINOS. As gaitas do Camiño'
“PIPEREGRINOS. As gaitas do Camiño” é un espectáculo musical itinerante, que resalta a importancia da gaita como instrumento representativo das culturas europeas ao tempo que invita aos espectadores a unha viaxe sonora a través das diferentes gaitas ibéricas, coas que representar o importante intercambio cultural que se produciu nos distintos camiños de peregrinación a Santiago.
Trátase dun evento artístico que por primeira vez reúne no mesmo escenario a destacados gaiteiros da Península Ibérica cunha longa e recoñecida traxectoria artística profesional. Un total de 6 artistas actúan en formacións trío e dúo , 17 músicos
PIPEREGRINOS é un espazo de difusión e posta en valor das diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios nun formato actual achegado á música folk e dirixido a todos os públicos, no que tamén ten cabida o público especializado.
As datas van do 23-24/10 e 30-31/10 de 2021. Suman 8 representacións en dúas fins de semana (horario de mañán e tarde). O espectáculo está dirixido a todos os públicos, cunha duración dunha 1 hora e 45 minutos (total cada representación)
O desenvolvemento do espectáculo: Artistas (15 min. actuación), o presentador intervén para cubrir os tempos durante os cambios de escenario. Para pechar o acto todos os artistas xuntos interpretan un tema galego intercalado con solos de cada un dos gaiteiros.
Localizacións en municipios das catro provincias polos que pasa o Camiño de Santiago:
23/10
12h Noia – Praza do Curro
19 h Mondoñedo – Auditorio Pascual Veiga
24/10
12 h Ribadavia – Praza Maior
18.30 h Vilanova de Arousa – Auditorio Valle-Inclán
30/10
12 h Cee – Praza do Concello
19 h Sarria – S.R. A Unión
31/10
12 h Verín – Praza García Barbón
18.30 h Mos – Auditorio de Torroso
INTERVEÑEN:
1. Francesc Sans, sac de gemecs – Cataluña
Manel Martorell, mandola
Titus Prats, percusión
2. Adrián Gil, gaita de boto – Aragón
Alberto Navas, violín
Serchio Pardos, guitarra, percusión
3. José Manuel Tejedor, gaita asturiana – Asturias
Richard García, teclado, melódica
Daniel Álvarez, bouzouki, bodhran
4. Luis Antonio Pedraza, gaita sanabresa – Zamora
Carlos Beceiro, guitarra
Miguel Mateos, tambor sanabrés
5. Tiago Morais, gaita mirandesa, gaita de sesimbra - Portugal
Tiago Marques, acordeón, cavaquinho
6. Oscar Ibáñez, gaita galega – Galicia
Xosé Liz, bouzouki
Andrés Vilán, caixón