On the Table, na Galería A3 do MARCO de Vigo
Virginia Frieyro, Monserrat Gómez Osuna, Din Matamoro, Teresa Moro, Sanra Rein e Luis Salaberría, traballaron sobre pezas de distintos formatos, interpretándoas e creado a súas propias coleccións.
On the Table reúne un conxunto de pezas de cerámica deseñadas por Isidro Blasco e realizadas en fornos tradicionais, intervidas por seis artistas, un proxecto que tivo a súa orixe en 2020 coa iniciativa The Table Project.
O artista impulsado no citado ano, tras o seu regreso de Nueva York, parte do encontro coa tradición artesá na que medrou o traballo de seus pais, os ceramistas Arcadio Blasco e Carmen Perujo, fundadores do mítico taller "La Mina" en Majadahonda, nos anos 60.
A primeira mostra xurdiu da idea de reproducir, os deseños orixinais dunhas mesas dos anos cincuenta, co fin de habilitar a Casa-Taller Arcadio Blasco en Muyxamel (Alacante) e c onservar o seu legado. Durante o desenvolvemento do proxecto, púxose de manifesto o gran potencial do deseño e dos procesos de producción da cerámica tradicional en relación coas obras mías contemporáneas. Así, The Table Project, converteuse en punto de encontro entre diferentes artistas, que reinterpretaban o deseño orixinal e producían a súa propia peza.
On the Table reúne de novo un grupo de artistas en torno a cerámica, esta vez tomando como punto de partida a olaría. As formas deseñadas por Isidro Blasco, xunto ao torneado de Juan Carlos Fernández, oleiro de Puente del Arzobispo, pertencente a 6ª xeración de artesáns, ofrecen o mellor lenzo en branco para que o artista interveña sobre unha serie de cerámicas diferentes na sús forma e tamaño, todas elas realizadas en barro vimbio e cocidas a 1.000º C con terminacións de esmaltados transparentes e opacos.
Virginia Fryeiro, experimente coa abstracción, a cor e a repetición, de xeito que se van tecendo na superficie. Monserrat Gómez, crea paisaxes con elementos vexetais indefinidos, ornamentos orgánicos que se van intercalando con motivos figurativos. Din Matamoro desliza o pincel cun só trazo sobre o soporto de cerámica, de pel pálida, lisa e fría, como un papel onde baila a man. Unha liña núa de cor negra percorre o baleiro, deixando atrás ás veces unha cor luminosa. Traza unha curva e xorde unha representación.
Teresa Moro, explora e leva a cabo unha revisión dos autores da Modernidade en busca de detalles, deferenzas, e zonas cunha vibración especial.
Sanra Rein,Partindo de variacións xeométricas, os seus elegantes deseños resultan en obras cerámicas de grande armonía en cores e formas.
Luis Salaberría, toma como base a tradición popular chegando a imaxes e personaxes fantásticos que quizais nos fagan remontar ás narrativas infantís.
Na Galería A3, Planta Blaixa , Museo de Arte Contemporánea de Vigo ata 15 setembro.