O presidente da RAGC defende as universidades galegas e as pón por diante das lusas do Norte

Autoridades e premiados pola RAGC.

O presidente da Real Academia Galega de Ciencias

(RAGC), Juan M. Lema Rodicio, fai unha chamada urxente á reflexión política,

social e empresarial sobre a necesidade de establecer un pacto de país pola

ciencia. Durante o acto de apertura do curso académico, celebrado esta tarde en

Santiago, Lema botou man dunha análise realizada pola institución sobre a

produción científica das tres universidades galegas e o impacto desta, en

comparación coa doutras universidades da península ibérica e do resto de

Europa. 

Segundo

destacou, as universidades galegas levan máis dunha década mostrando unha

evolución nestes indicadores que evidencia unha distancia cada vez maior, por

exemplo, en relación coas do norte de Portugal. Cun número menor profesores, a

produción e o impacto da investigación foron prácticamente o dobre nas

universidades lusas que nas galegas en 2018.

O

acto de apertura da RAGC, presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez

Feijóo, acompañouse do ingreso de cinco novos académicos correspondentes e

contou coa lección maxistral “A xeoloxía e o cambio climático na Terra”, a

cargo de Juan Ramón Vidal Romaní.

Luis

Liz Marzán, Xosé Ramón Bustelo, Aníbal Figueiras, Beatriz González e Manuel de

León pasaron esta tarde a formar parte da súa nómina de científicos e

científicas galegos –ou cunha estreita vinculación a Galicia– de recoñecido

prestixio nas súas áreas de coñecemento e que exercen a súa actividade

investigadora en centros de referencia no resto de España ou no estranxeiro,

con capacidade para contribuír á promoción da ciencia en Galicia a través da

RAGC.

Ao

acto asistiron, entre outras autoridades, a conselleira de Educación,

Universidade e FP, Carmen Pomar; o reitor da Universidade da Coruña, Julio

Abalde; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; os

vicerreitores de Investigación das Universidades de Santiago e Vigo, Vicente

Pérez Muñuzuri e Belén Rubio; e a vicerreitora de Relacións Institucionais da

Universidade Carlos III, Matilde Sánchez.