O pediatra e escritor Manuel Pombo presenta o seu primeiro libro infantil
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na rolda de prensa que acolleu o Pazo de San Roque para presentar o último libro do pediatra e escritor Manuel Pombo, O can e o gato, editado por Editorial Galaxia co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Ilustrado cos debuxos da artista María Lires, este conto, o primeiro que o doutor dirixe á cativada, narra as aventuras dun can preguiceiro e testán dono da súa casa ata que se ve na obriga de compartila cun novo inquilino. Unha historia de amizade coa que o seu autor busca, ademais, espertar o amor pola lectura en lingua galega dos máis pequenos e pequenas e ofrecerlles unha alternativa ás cada vez máis recorridas pantallas. Canda Valentín García tamén estiveron presentes o escritor e autor do conto, Manuel Pombo, e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro.