Néstor Goyanes, "Sen memoria, que somos?"
O artista arxentino de ascendencia galega Néstor Goyanes amosa, por medio dunha serie de gravados, o diálogo dos emigrantes coa súa terra orixinaria a través de cartas, dos sobres, das fotografías e igualmente un mundo emocional de lembranzas, dificultades e experiencias
O creador emprega técnicas como xilografía, litografía, colaxes ou o stencil e dialoga coa súa creatividade, seus recordos, e igoalmente cos nosos. Convida aos espectadores a mergullarse nas profundidades da memoria, a explorar a identidade que emerxe dos relatos compartidos e a reflexionar sobre a importancia de perservar as nosas raíces.
"Sen memoria, que somos? Dinnos que a identidade se forxa nos recordos que atesouramos, nas historias que nos conmoveron e nas experiencias que nos mobilizaron", declara o propio Goyanes nun texto redactado para a exposición. "No proceso creativo, máis que dominar técnicas e oficios, é fundamental ter algo que dicir, algo que nos impulse a explorar as nosas emocións e plasmalas na nosa obra. Para min, este proceso creativo é como un ciclo vital, tan esencial como a alimentación mesma"
Nestor Goyanes, nace en 1960 no Barrio de Nueva Pompeya, Cidade Autónoma Buenos Aires y su creatividad está fundamentada en la en la migración humana e seus numerosos significados históricos, sociales, culturales e políticos e as repercusions na sua propia identidade de porteño, arxentino e latinoamericano, con raizames galegas.
Realiza estudios de Posgraduado nos Talleres dos Mestres Osvaldo Atila e Ponciano Cárdenas e con Alfredo De Vincenzo entra no mundo do buril e aguatinta e iniciase na Litografía co Mestre Rafael Gil.
Na sala de exposicións temporais 1º edificio do Museo do Mar de Galicia, Avda Atlántida, 160 Vigo.