'Música e pintura' de Alfonso Deus
A Deputación de Pontevedra acaba de abrir ao público este venres, 17 de maio, a exposición “Música e pintura”, na que o pintor coruñés Alfonso Deus recompila unha selección das súas acuarelas feitas entre o 2020 e o 2022. A mostra poderá visitarse na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, ata o vindeiro 2 de xuño.
Como explica o propio artista, os cadros que se poderán visitar están realizados en diferentes formatos e tamaños, aínda que predominan os de 30x40 centímetros, e cunha temática moi variada, que vai desde as texturas, como ferros oxidados, madeiras, plásticos e froitas, ata algúns animais. E todos cun estilo realista, tanto a cor como en escalas de grises.
Alfonso Deus é mestre especialista en Educación Infantil e profesor de Educación Artística Plástica, profesor de pintura, debuxante publicitario, músico con oito discos editados e coautor de máis de 20 libros de música coa editorial Galinova, viaxeiro empedernido e amante de calquera manifestación artística. Así se define o autor da exposición “Musica e pintura”, que que se poderá visitar ata o 2 de xuño de luns a venres de 9:00 a 20:00 horas, sábados e festivos de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas e domingos de 10.00 a 14.00 horas.