'Memorias do Café Derby (1929-2020)'

A exposición poderá visitarse na Casa do Cabido de martes a sábado de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, e os domingos de 11.00 a 14.00 horas.

A Casa do Cabido, na compostelá praza das Praterías, acolle a exposición “Memorias do Café Derby (1929-2020)”, comisariada pola historiadora e taxadora de arte e antigüidades Ana Castro -autora da taxación dos bens patrimoniais do Derby despois do seu peche- e o xornalista e historiador Fernando Franjo, autor da investigación sobre a historia do Café. Mañá venres, 29 de outubro, vaina inaugurar o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, ás 11:00 horas. Ao acto asistirán, ademais dos comisarios, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; e o responsable de Exposicións do organismo, Juan Conde.

O Café Derby comezou a súa andaina en 1929 e axiña se converteu nun referente cultural, nun emblema da cidade compostelá e tamén de Galicia, elixido como lugar de encontro e debate de profesores universitarios, médicos e profesionais liberais, que se citaban para charlar animadamente, mentres desfrutaban do café elaborado nunha das primeiras cafeteras exprés instaladas en Santiago. En marzo de 2020 pechaba as súas portas.

A exposición poderá visitarse na Casa do Cabido de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e os domingos de 11.00 a 14.00 horas. Os luns pecha ao público.