Mary Quintero, unha fotógrafa cunha mirada única e un estudio propio
O pasado 9 de novembro de 2022, durante a presentación do libro "Galegas nas Artes" no último andar de El Corte Inglés de Vigo, entre as 21 mulleres escollidas pola autora, atopábase Mary Quintero, unha das fotógrafas máis destacadas do país. Sentada ao meu lado, despois das intervencións de Edurne Baines e a escritora Isabel Blanco, as luces apagaronse. Nese momento, a fotógrafa de Melide, rodeada de familiares e amigos, recibiu unha tarta polo seu 91º cumpleaños.
Naquela tarde, Isabel Blanco mencionou, entre outros feitos, a primeira exposición fotográfica de Mary Quintero, que tivo lugar no Círculo de Belas Artes de Lugo despois de formarse en Madrid co fotógrafo Pedro Jaraba para perfeccionar a súa técnica e o retoque.
Unha muller de diplomático animouna a viaxar a Vigo para realizarlle unha sesión fotográfica, a cal resultou impactante. A partir dese momento, os encargos sucedéronse, o que motivou á melidense a abrir un estudio no centro da cidade olívica, concretamente na Rúa Urzaiz, onde estivo até cumprir os 70 anos. Mary Quintero foi a primeira retratista galega que expuxo nunha sala de exposicións, e ao longo da súa traxectoria recibiu numerosos premios, entre eles o de "Mellor Fotógrafo de España" en 1981, a Medalla de Bronce de Galicia, o premio a "Mellor Fotógrafa de España" e o galardón de "Viguesa Distinguida".
O 8 de xuño do ano seguinte, 2023, Mary Quintero regresou a El Corte Inglés, nesta ocasión para presentar a súa primeira exposición de pintura, titulada "Inspiración". Nela, amosou ao mundo unha técnica pictórica pioneira, utilizando as fotografías como bocetos base para pintar encima con óleo, acrílico ou pastel.
Pouco tempo despois, tivo lugar outra mostra fotográfica da pioneira lucense afincada en Vigo, esta vez baixo o lema "A imaxinación no interior dun estudo". Nela reuniu imaxes da colección do fondo de Mary Quintero do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, unhas 50 fotografías e negativos asociados.
Na actualidade, a Sala Rosalía de Castro da sede viguesa da Deputación Provincial, no Casco Vello, acolle a mostra desta fotógrafa cun estudio propio e unha mirada única. A institución quere con ela homenaxear a Mary Quintero, quen con tan só 21 anos e a raíz de traballos que lle solicitaron desde a cidade olívica, montou o seu estudio na Rúa Urzaiz, convertíndose nunha afamada retratista. Con sesenta anos de profesión, Mary Quintero obtivo o recoñecemento de colegas e institucións.
Os seus retratos están presentes en miles de fogares, así como rostros coñecidos da política e da cultura. Moitos deles pódense admirar ata o 28 de xuño na Sala Rosalía de Castro, na Sede da Deputación de Pontevedra, no Casco Vello de Vigo.
Mary Quintero: Unha fotógrafa excepcional que, coa súa mirada única e a súa traxectoria profesional, deixou unha pegada fonda na historia da fotografía galega.