Julio Mourenza ofrecerá un recital de piano dentro do 'Ciclo Bauhaus'
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) ten en marcha o “Ciclo
Bauhaus”, unha serie de conferencias que comezaron o pasado mes de outubro e se
prolongarán ata xaneiro do vindeiro ano. Están enmarcadas nos “Martes das
Artes” que promove a Academia. O ciclo componse de sete conferencias e un
concerto sobre este transcendental movemento artístico alemá. Todas estas
actividades celébranse no salón de actos da Academia (praza Pintor Álvarez de
Sotomayor, 1), ás 20:00 horas.
Nesta
iniciativa colaboran a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello da
Coruña, a Deputación de Ourense e a Deputación de Lugo.
Mañá martes, 3
de decembro, celebrarase un recital de piano da man de Julio Mourenza, director do Conservatorio Superior de Música
da Coruña. Interpretará Seis pequenas
pezas para piano do compositor e pintor austríaco de orixe xudeu Arnold Schoenberg.
De seguido soarán varias pezas para piano do tamén austríaco Josef Matthias
Hauer e a Sonata para piano do músico
húngaro Béla Bartók. O recital concluirá coa obra In a landscape do compositor estadounidense
John Cage.