Jazz no Centro Cultural e Recreativo de Cabral
A Fundación Mayeusis propúxose que o jazz estea presente na axenda cultural da nosa cidade durante todo o ano e, que ademais, este xénero musical chegue a todos e cada un dos barrios de Vigo. Este domingo 26, ás 18,30 horas, no: Centro Cultural e Recreativo de Cabra, primeira actuación do Combo da Imagine Jazz Orchestra.
Grazas ó Centro Cultural e Recreativo de Cabral e á Asociación O Coto, ponse en marcha este primeiro concerto, Jazz nos Barrios, que terá lugar no recinto do propio centro cultural. Un concerto enmarcado no Programa Conexións en colaboración co Concello de Vigo.
O Combo da Imagine Jazz Orchestra, formado por 15 músicos, mozos e mozas moi novos que xa son talentos emerxentes do jazz galego, ofrecerán unha actuación na que se poderán escoitar temas como “What’s New” ou “Noites Cariocas” con arranxos musicais feitos especialmente para á big band.
O swing e as influenzas brasileiras conforman o repertorio desta formación que segue a filosofía de traballo de Joan Chamorro, o seu director na Imagine Jazz Orchestra, a big band da que xurde este Combo.
O concerto está aberto a todo o público ata completar aforo, celébrase no recinto do Centro Cultural e Recreativo de Cabral e supón unha nova oportunidade de vibrar coa música desta agrupación, o Combo da IJO, que non para de xuntar éxito tras éxito.