Gabriel Barros, a voz dos The Rolling Stones galegos, Os Seixos
O marinense que tivo como berce, o Barrio de Cantodarea, xa se perfilaba un artista sendo novo, apostando pola música no Conxunto Los 5 Platinos e grupo que logo máis tarde, mudara o nome por 'Os Xeixos',aqueles que decian ser os The Rolling Stons galegos. Subían o palco impecablemente vestidos con chaquetas encarnadas e camisas con chorreras ou mesmo traxe branco e camisa negra, percorrendo de lado a lado a xeografía galaica, de festa en festa ou Salas de aquí e dacolá, compartillando palcos con outras afamadas orquestas galaicas de Marín ou Pontevdra, as que levaban a palma xunto coas de Coruña.
Un dos temas preferidos de Gabriel Barros "Mi tierra gallega" de Os Tamara e igolamente do mesmo elenco musical de Prudencio Romo, "A Santiago voy" ou "Un beso y una flor" de Nino Bravo, sen esquecer a Antonio Machín.
Detrás do vocalista, estaban outros músicos como Casto, nos teclados; Xosé de la Torre, clerinete, saxofonista e os que hoxe xa non están, Xosé Eirin Fariña, batería; Roxelio Manuel Pazos Freitas, máis coñecido com "Charneco", no baixo e Cholo Briones, trompeta.
Lembra a voz do grupo, que nunha actuación co Concelllo de O Rosal, na Liga de Amigos, onde ficara sen voz o camareiro da Entidade SocioCultural, recomendaralle, una "vaca verde", pensando Gabriel Barros que lle estaban a gastar unha broma, máis cando lle serviron un"pepermint" con leite quente , a cousa mudou, pois fora eficaz o remedio e voltou a subir o palco cantando con naturalidade.
Hoxe Gabriel Barros, esta inmerso noutra faceta creativa que sempre cultivou paralelamente a música, a pintura igual que o inolvidable Eirín, sendo a súa primeira mostra no Asociación Santa Cecilia no ano 1998.
Súa obra plástica foi contemplada en Salas de Exposicións de A Estrada, Forcarei, Combarro, Casa da Cultura de Seixo e con grande suceso no Museo Manuel Torres de Marin, sempre moi concurrido cando presenta a súa obra.
Dende a atalaia ou estudio na Rua Ezequiel Massoni de Marin, cada día enfrentase as telas con temas mariñeiros, praias ou espazos circundantes como a Illa de Tambo, as praias de Portocelo e Mogor, igoalmente aparecen pontes medievais, así como espigueiros ou cruceiros que se espallan de lado a lado de Galicia.
O inesquecibles pintores coterráneos,opinaron do seu traballo plástico, Manuel Torres "pinta como unha muller detallista"; Soneira, difiniuno como " o mellor que pinta as pedras" e Xosé Eirin, considerabao como naifs.