Festival Sinsal
Sinsal SON Estrella Galicia abre este venres 22 a súa vixésima edición cunha xornada na que a electrónica, as músicas de raíz, a cumbia e o pop son protagonistas. Lido Pimienta, Músculo!, Candeleros, Quinquis, Sebastián Cortés e DJ Fonkid son os primeiros nomes que o público descubre ao desembarcar na illa de San Simón, nunha fin de semana que contará con máis de 25 bandas e artistas chegadas de Europa, América e Asia.
A banda galega Músculo! foi a responsable de inaugurar Sinsal SON Estrella Galicia 2022 cun directo contundente e sen fisuras que converteu a illa nunha auténtica pista de baile. No seu concerto, o Premio Martín Códax de Música Electrónica 2022 deu boa conta da súa capacidade para xerar momentos inesquecibles sobre o escenario San Simón Son Estrella Galicia. De seguido, e sobre o mesmo escenario, foi a quenda de QUINQUIS, o novo proxecto musical da francesa Émile Quinquis, compañeira e teloneira de Yann Tiersen na súa actual xira. No seu concerto, a artista amosou unha fonda conexión coa cultura, historia e identidade bretona.
O madrileño Sebastian Cortés, líder da vaga coñecida como Bedroom pop estatal, ofreceu o primeiro concerto do Buxos Xacobeos 21-22, unha sesión pop na que deu a coñecer temas do seu novo traballo discográfico. Ás 19.20 horas, sobre o escenario San Simón SON Estrella Galicia, será a quenda dun dos pratos fortes desta edición do Sinsal 2022: a cantante e compositora colombiano-canadinese Lido Pimienta, recoñecida por público e crítica tanto polo seu segundo LP, ‘La Papessa’, como o recente ‘Miss Colombia’, que presentará en San Simón. A xornada completarase con dúas actuacións máis no escenario Buxos Xacobeo 21-22: a do sexteto madrileño Candeleros, que garanten unha sesión de baile frenético e cumbia, e o DJ galego Fonkid.
O festival continuará este sábado 23 de xullo cunha xornada de mañá e tarde que comezará ás 12.30 horas, coa chegada do primeiro barco, procedente de Vigo. Ás 12.55 horas a música fará acto de presencia con directos que se estenderán até as 22.15 horas da noite.
AXENDA SÁBADO 23 | SINSAL SON ESTRELLA GALICIA 2022
11.45h - Saída barco de Vigo (saída de San Simón ás 22.30h)
12.55h - Concerto 1
13.15h - Saída barco de Meirande (saída de San Simón ás 21.45h)
14.00h - Concerto 2
15.20h - Concerto 3
16.00h - Inicio microconcertos Santo Antón Acústico
16.40h - Concerto 4
18.00h - Concerto 5
19.15h - Concerto 6
20.30h - Concerto 7
21.45h - DJ Set
AXENDA ACTIVIDADES PARALELAS
Todo o día - Exposicións ‘A Escola Sinsal: 20 ideas para presumir de vintage’ e ‘Por que as túas fillas escoitan trap?’
13.00, 14.00, 15.00, 17.00, 18.00, 19.00, 20.45, 21.30h - Pedal surf
16.00 e 18.00h - Paseo por San Simón ‘Islario Marabilloso’
18.30h - Visita guiada exposición ‘A Escola Sinsal: 20 ideas para presumir de vintage’
19.00h - Encontro con Mateo Mena