Fausto, de vocalista na Sintonía de Vigo a cantar na rúa
Están as nubes chorrando
Por un amor que morréu
Están as rúas molladas
De tanto como chovéu
A voz ecoaba nas paredes da rúa do Príncipe, aquela mañá de agosto como outros tantos días, non so no corazón da cidade de Vigo, senón tamén outros na Boa Vila, moi perto da igrexa de A Peregrina.
Fausto Eduardo López, críouse en Xixón, mais o seu berce está en Oviedo. Subiu por primeira vez a un palco en 1972 coa Agrupación Artística Gijonesa, onde estivo aproximadamente tres anos. Chega a Vigo no 1975 para integrarse no Grupo Musical Los del Atlántico, cantando nos palcos daquí e dacolá coa formacion de Humberto Miguez, durante seis meses.
Uns anos como solista en diversas discotecas, Charango, Harmony, entre outras ata que no 1977, Bugallo da Orquestra Pao, convídao para integrase na formación pontevedresa durante esa temporada. o inesquecible, Pepe Exposito, representante de Pontevedra, brindalle despois para estar dous anos en Caravana Show de Marin 1978 al 1980 e outros tantos 1980 a 1982 na afamada Orquestra Poceiro, que fundara Benito a beira do Lérez.
No 1983 queda 2º clasificado no programa de “Gente Joven” e 1º no Festival de Cancion Lixeira, Premio Cidade de Vigo, dando un salto para formar parte dunha das mellores orquestras do momento, Sintonía de Vigo, fundada por Varela, sustituindo ao vocalista Xosé Antonio, elenco musical afamado, onde permaneceu desde 1983 a 1991, percorrendo as festas da xeografía galega e asturiana.
Espectáculos Carla, convidao para integrarse en Verano Azul no período 1993 a 1996, pasando mais tarde a formar parte do Trio Scala Musical, onde permanece 7 anos.
Foi tenor de Marta Sánchez, Programa -La Batalla de los Toros” Cadena 4 e durante catro temporadas do grupo vigues,Talisman, amenizando verbenas nos concellos circundantes ata que chegou o programa -Tu si que vales” de Tele 5, quedando finalista con “Violetas imperiales”, conseguindo na segunda edición, ser numero 1.
Colaborou en TVG, 1999-2000 en programas, Boas noites, Ruada, Luar, Tardes con Ana Kiro e Supermartes.
De 2013 a 2017, canta Ópera en Canarias en teatros, Auditórios e Hoteles para moverse mais tarde a Comunidade Valenciana, na que reside ata 2020.
Chega a Vigo e pillao a pandemía ata tivo a oportunidade para instalarse na Rúa do Principe, onde continúa con grande suceso igual que na cidade de Pontevedra, explotando a nova faceta de Musica nas rúas, nas que lle vai moi ben.
Ao lonxe xa na Praza de Barcelos, ainda de escoita
Dame alento das túas palabras
Dame celme do teu corazón
Dame lume das túas miradas
Dame vida co teu dulce amor
Dame lume das túas miradas
Dame vida co teu dulce amor
MANUEL ESTÉVEZ