Encontro de dúas escritoras da Eurocidade Tui-Valença, Conchi Regueiro e María José Area

Conchi Regueiro e María José Areal.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui celebra este xoves, 18 de novembro, ás 19.30 horas este encontro

A Biblioteca Pública Municipal de Tui celebra este xoves, 18 de novembro, ás 19.30 h un encontro de dúas escritoras da Eurocidade Tui-Valença,  Conchi Regueiro e María José Areal. No mesmo ofrecerán a súa visión da creación literaria e do papel da literatura, especialmente a creada por mulleres. Este encontro terá lugar na Biblioteca Municipal tudense.

María José Areal é unha escritora de Valença cunha ampla traxectoria, especialmente no ámbito poético, a súa última obra é  “Assim me deito, Assim me levanto”, profesora xubilada é tamén a coordenarida do Club de Lectura “Chá con Palavras” de Valença, asi como dos de Caminha e Vilanova de Cerveira

Outras obras súas son: Pedaços de mim, -1999 – Poesia, À deriva, -2004 – Poesia, Sabor a sal e a mel, - 2006 – Poesia, Coordenadora e Co-autora dos Vol. I e II de “Pedaços de memórias – Itinerários no Tempo e no Espaço”, - Narrativas - 1999/2000, Na eira dos pardais, - 2014 – Contos, Há dias que não sei de mim e outros que pouco de mim sei, - 2015 – Poesia ou Rendas do meu decote, - 2016 – Contos.

A tudense Conchi Regueiro posúe unha ampla obra literaria, tanto en galego como en castelán. A súa obra está realizada dende unha perspectiva feminista. A súa primeira publicación, en galego, en 2002 foi unha novela para adultos Tempos agradables, continuando logo unha ampla traxectoria literaria tanto de libros de xénero non realista, ciencia ficción e fantasía, tamén para o público infantil e xuvenil con obras como  Un marciano neste mundo (2004), O tesouro das ánimas (2011),  A herdanza do marqués (2009), e a súa continuación A cerna do segredo (2014). Ten publicadas más de quince obras e foi gañadora de diversos certames literarios.

Este Encontro estaba programado para celebrar o Día das Escritoras o pasado 18 de outubro, pero tivo de ser adiado. O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. Como en edicións anteriores, a data elixida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VI Edición celébrase este ano 2021 o 18 de outubro baixo o lema "Ler as idades da vida". Marifé Santiago Bolaños, é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2021. "Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda."

Esta actividade que organiza a Biblioteca Municipal tudense é para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, unha magnifica oportunidade para visionar o papel da muller no ámbito da creación cultural e a achega que realizan á vida colectiva dende a creación literaria. Unha oportunidade, engade, para achegarnos a coñecer a súa obra e motivación e para animar aos novos valores literarios que existen no noso municipio.