A EGAP adiántase ao Día das Letras Galegas cun acto homenaxe a Francisco Fernández del Riego
A Escola Galega de Administración Pública dará inicio mañá aos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas en homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego.
A xornada comezará ás 12:30 horas e incluirá a proxección dun vídeo sobre o homenaxeado, a conferencia “Vida e obra dun obreiro do galeguismo” a cargo do escritor Ramón Nicolás Rodríguez e unha actuación musical a cargo do cantautor Emilio Rúa.
Ademais, durante o acto tamén se fará entrega dos galardóns do concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas do ano 2023.
Finalmente, inaugurarase a mostra de arte do pintor pontevedrés Xaime Falcón, a cal se poderá visitar na sala de exposicións da Escola ata o 30 de xuño.