Día de Rosalía có ‘Caldo de Gloria’
Entre as accións conmemorativas figura o Caldo de Gloria, unha iniciativa da que falou Avelino Martínez, en representación da Asociación Hostelería Compostela, inspirada no poema Miña casiña, meu lar no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia, e que serviu para convidar os hostaleiros a recrear ese prato e convertirlo nese día na estrela das cartas dos seus restaurantes e bares.
A Fundación Rosalía de Castro e a A.V. Raigame, en colaboración coa Asociación Hostelería Compostela e Hostalaría.Gal, e o patrocinio do Concello de Santiago, volverán a celebrar o próximo xoves 23 de febreiro o Día de Rosalía con diversas actividades en honor de Rosalía de Castro, tal e como sinalou na presentación do programa o presidente da fundación, Ánxo Angueira, nun acto no CSC do Ensanche no que tamén estivo presente a concelleira de Cultura, Mercedes Rosón.
Entre as accións conmemorativas figura o Caldo de Gloria, unha iniciativa da que falou Avelino Martínez, en representación da Asociación Hostelería Compostela, inspirada no poema Miña casiña, meu lar no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia, e que serviu para convidar os hostaleiros a recrear ese prato e convertirlo nese día na estrela das cartas dos seus restaurantes e bares.
Así, diversos locais de Santiago e comarca, algúns deles asociados á Asociación Hostelería Compostela, entre os que se atopan Orixe, A Bodeguilla de Santa Marta, A Bodeguilla de San Lázaro, Tapa Tapiña, Botafumeiro, A Pedra, Cotolay, Cafetería DJ, Hotel Restaurante cadaval e Cervexería Xuntanza, participarán ofrecendo o xoves 23 durante todo o día o Caldo de Gloria aos seus clientes como tapa de cortesía ou incluíndoo como prato no seu menú, despois de cociñalo seguindo as instrucións que a propia Rosalía de Castro dá no seu poema, ou consultando a receita de Picadillo de 1905.
Ademáis, para apoiar esta acción, non faltarán carteis indicativos, manteis e pousavasos conmemorativos.