Día Europeo das Linguas

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, destaca que todos os idiomas “son importantes” e “temos a obriga, o orgullo e vontade de protexelos”.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, salienta que o lema do Día Europeo das Linguas 2022, Valorando todas as linguas de Europa, demostra que todos os idiomas “son importantes e útiles, independentemente do número de falantes que teñan”. Lembra que aos europeos “tocounos en sorte unha ampla diversidade lingüística que temos a obriga, pero tamén o orgullo e a vontade, de protexer e de transmitir”.

A programación impulsada pola Xunta de Galicia para festexar o Día Europeo das Linguas -que se conmemora cada 26 de setembro- arranca hoxe dentro do Festival Maré, Músicas e Artes atlánticas 2022, unha iniciativa de Nordesía Produciónsenmarcada no concertos do Xacobeo 21-22. 

O Festival ‘Maré, Músicas e Artes Atlánticas’ acolle hoxe distintas actuacións de artistas galegos, nacionais e internacionais con motivo da efeméride

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, salienta que o lema do Día Europeo das Linguas 2022, Valorando todas as linguas de Europa, demostra que todos os idiomas “son importantes e útiles, independentemente do número de falantes que teñan”. Lembra que aos europeos “tocounos en sorte unha ampla diversidade lingüística que temos a obriga, pero tamén o orgullo e a vontade, de protexer e de transmitir”.

Os distintos escenario de Maré acolleneste domingo unha serie de concertos que visibilizan a multiculturalidade, a diversidade lingüística e o entendemento con actuacións de todo o mundo. A programación, dispoñible na páxina web do festival, conta coa participación de artistas galegas como a cantautora Antía Muíño e o grupo Peña, do resto de España como a asturiana Silvia Quesada, a donostiarra Olatz Salvador e os cataláns Paula Grande e DJ Panko, así como de artistas internacionais: o intérprete de Guiné-Bissau Mû Mbana e o brasileiro grupo Pietá. Todos eles enchen de música de moi distintos estilos localizacións como o Teatro Principal, a Sala Riquela ou a praza de Mazarelos.

Este luns terá lugar un acto na praza de Praterías de Santiago, onde alumnado do instituto Arcebispo Xelmírez I lerá poemas de distintos autores europeos

Precisamente nesta última celébrase tamén este domingo un recital poético da man de autores como Andrea Valle, Diego Horschovski, Arancha Nogueira e Peter Brea. Apóstase así pola creación feminina e da mocidade, a experimentación, as novas linguaxes artísticas e a diversidade cultural, poñendo o foco naqueles territorios cos que Galicia comparte lazos lingüísticos, históricos e outros sentimentais das dúas beiras do Atlántico.

O CAMIÑO, FENÓMENO POLÍGLOTA

Ademais de apoiar o Festival Maré, o Goberno galego conmemora esta data o luns cunha homenaxe ao fenómeno cultural políglota por excelencia: o Camiño de Santiago. Co gallo desta efeméride, terá lugar un acto institucional ás 20,00 horas na praza de Praterías, xunto ao Museo das Peregrinacións de Santiago, no que alumnado do instituto IES Arcebispo Xelmírez I lerán poemas de distintos autores europeos.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades apunta que o Camiño de Santiago “foi e segue a ser o roteiro máis antigo e concorrido de Europa e que atrae persoas de todo o mundo”. “Desa mestura, xorden historias contadas en diferentes linguas e entre compañeiros de ruta. Fórmase así un relato coral e milenario que traspasa fronteiras idiomáticas e ten como resultado a comunicación entre os pobos”, expresa.