Dani Rovira presenta a súa nova proposta de humor Odio, en Vigo
Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará a representación do novo
espectáculo de humor do cómico e actor Dani Rovira, Odio, en Vigo. Sairá
a escena no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro venres 24 de xaneiro, ás 20.30
h, o sábado día 25 a partir das 20.00 h, e o domingo 26 de xaneiro ás 18.30 h.
As últimas entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.
O cómico andaluz Dani Rovira presenta o seu novo
espectáculo de stand up comedy no que, sen censura algunha, poñerá enriba
da mesa a súa visión máis honesta e delirante do ser humano de hoxe en día.
Máis de 15 anos facendo comedia sobre as táboas: Inmortal de la Risa, Las
noches de Paramount Comedy, Las noches del Club de la Comedia, ¿Quieres
salir conmigo?, Improviciados, etc. Despois de gozar de Odio
só poderán pasar dúas cousas, que o ames ou o odies para toda a vida. En ambas
as dúas, a risa vai incluída.