Comedia Toc toc, en Vigo
Continúan as representacións incluídas na Tempada de Teatro de
Afundación, a Obra Social de ABANCA. A seguinte produción en saír a escena será
Toc toc¸ unha comedia de Laurent Baffie, dirixida por Esteve Ferre e
versionada por Julián Quintanilla, cun elenco de intérpretes conformado por
Carmen Arévalo, Esteve Ferre, Laura Hernando, Sara Moros, Paco Obregón, Fran
Sariego e Ana Trinidad. Faranse dúas funcións desta produción, a primeira o
sábado 7 de decembro, a partir das 20.30 h, e a segundo o domingo 8 de
decembro, ás 19.30 h, en ambos os dous casos no Teatro Afundación de Vigo.
As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com para todas aquelas
persoas que non adquirisen un abono de tempada, que supón un aforro do 20 % con
respecto ao importe das entradas soltas.
TOC TOC
Logo de dez tempadas en cartel, chega a Vigo esta divertida comedia cun
éxito que reside en converter a risa na terapia que precisamos para ver a vida
doutro xeito. Seis personaxes coñécense na sala dun afamado psiquiatra. Todos
sofren diferentes tipos de transtornos obsesivo-compulsivos, como a tendencia a
dicir obscenidades (cropolalia), repetición sistemática de palabras ou frases
(palilalia), necesidade patolóxica de contar obxectos (aritmomanía), medo
extremo a enfermar (nosofobia)... Eses son algúns dos TOC que sofren os
protagonistas da obra e, na procura da curo, foron todos dar a unha consulta
dun psiquiatra, quen os convocou, mais que non aparece. Acabarán sendo eles
mesmos quen saquen as súas propias conclusións.