Cerviño plasma os muíños de Folón e Picón nunha exposición itinerante polo Camiño Portugués

Manuel Cerviño.
Manuel Cerviño iniciou a súa traxectoria pictórica na Illa de Ons en 1998, combinando a arte coa xardinería botánica. As súas obras, de estilo realista, foron expostas en diversos espazos culturais do Morrazo e recibiron premios de ADICAM, participando agora nun proxecto itinerante polo Camiño Portugués

O artista Manuel Cerviño comezou a súa andaina pictórica en 1998, nunha época que pasou, por motivos de traballo, na Illa de Ons. Alén de creador, a súa faceta está relacionada coa xardinería botánica, actualmente no Pazo de Lourizán. Debuxaba moito e non tardou en dar o paso aos pinceis, movéndose a través da mirada realista.

A arte de Manuel Cerviño percorre o
Camiño Portugués coas imaxes de Folón e Picón.

As primeiras telas foron expostas primeiramente en cafeterías e centros culturais preto do seu entorno, no Morrazo, onde saíu á luz o seu traballo plástico: Praza Massó de Bueu, Ateneo Santa Cecilia de Marín, Muelle Deportivo de Sanxenxo, Capela do Hospital de Cangas, Pazo dos Marqueses de Mos, Casa dos Lemos en Chantada, Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, mesmo no Café Mili de Lalín, recibindo algún que outro galardón, o I e II premio por "A mamá e a imaxe corporal" e "O lado feminino da vida", outorgados por ADICAM en 2012 e 2013 respectivamente.

Saíu ao campo para contemplar a natureza, chegando aos Muíños do Rosal, Picón e Folón, enclave etnográfico e paisaxístico que non dubidou en trasladar ás telas, motivo polo que foi convidado a participar na mostra itinerante con outros creadores galegos e do resto do país, no proxecto itinerante polo Camiño Portugués, desde Lisboa a Santiago, para mostrar o marco rosaleiro, a través da pintura plasmada igual que el, por creadores galegos e chegados do resto da península.