viernes. 27.12.2024

Desde o 27 de xullo ata o 7 de setembro, o público poderá desfrutar dunha programación variada coas festas máis esperadas e novidades.

O Concello de Salvaterra de Miño presenta o Verán Cultural 2024, unha programación dirixida a todo o público, desde os maiores ata os máis pequenos, que contan coma sempre cun apartado especial.

O inicio da programación máis esperada do ano terá lugar o 27 de xullo co concerto de Carlos Núñez, que volve un ano máis a Salvaterra de Miño dentro da súa xira “Lugares Máxicos”. As entradas están á venda no Museo da Ciencia do Viño e na web ataquilla.com. Dentro do calendario para o verán non podían faltar festas tan importantes e destacadas como O Mundo a Danzar, O Son da Muralla ou Imos de Guateque, que continúan crecendo en público ano tras ano e que son un atractivo dentro e fóra do noso Concello. A Festa do Viño do Condado do Tea chega á súa sexaxésima quinta edición, onde destacan as catas populares, o Túnel do Viño, a gastronomía e os concertos con nomes destacados como Luar na Lubre, De Vacas ou Roi Casal.

Nos próximos días chegará ás casas toda a programación detallada do Verán Cultural de Salvaterra de Miño, pero xa adiantamos aquí as datas:

  • Sábado 27 de xullo: Concerto “Carlos Núñez”
  • Luns 29 de xullo: Festa da Espuma e Animación Musical
  • Mércores 31 de xullo: Festa de Hinchables de Auga
  • Xoves 1 de agosto: Baile Moderno
  • Venres 2 de agosto: Festival Folclórico A.C. Pontenova
  • Sábado 3 de agosto: O Son da Muralla
  • Luns 5 de agosto: O Mundo a Danzar
  • Mércores 7 de agosto: Concerto da Orquestra Clásica de Vigo
  • Xoves 8 de agosto: Concerto de Corais de Salvaterra e Banda de Música de Salvaterra
  • Venres 9 e Sábado 10 de agosto: Festa de San Lourenzo
  • Sábado 10 de agosto: Imos de Guateque
  • Luns 12 de agosto: Cine Infantil
  • Martes 13 de agosto: Cine Infantil
  • Mércores 14 de agosto: Desfile de Moda
  • Venres 30 de agosto: Encontro de Bandas
  • Sábado 7 de setembro: Tempo Atrás de Dramiño

A programación para os días 23, 24 e 25 de agosto coa LXV Festa do Viño do Condado do Tea será a seguinte:

  • Venres 23 de agosto: Inauguración e concertos de “Roi Casal”, “D’Crooners” e “Momboi”.
  • Sábado 24 de agosto: Concertos de “Luar na Lubre”, “De Vacas” e “Club Naval”.
  • Domingo 25 de agosto: Concertos de “Lenha Verde”, “Black Lovers” e “Somoza Trío”.

Agardámosvos neste verán en Salvaterra de Miño.

Carlos Núñez abrirá o Verán Cultural 2024 de Salvaterra de Miño cun concerto o 27 de xullo
Comentarios