O Carballo de Padroso na plástica e poesía de Diz

'O Carballo de Padroso'. obra de Diz, oo Café Nuevo Derby de Vigo.
Aínda que non figura no catálogo de Árbores  Senlleiras  "O Carballo de Padroso", un de tantos que escritores e poetas galaicos recoñecidos, lle cantaron nunha xuntanza en meses aínda recentes, nun enclave peregrino e interacción humana coa natureza, no seu paso por Padroso, en terras ourensáns de Xunqueira de Ambía (...)

Aínda que non figura no catálogo de Árbores  Senlleiras  'O Carballo de Padroso', un de tantos que escritores e poetas galaicos recoñecidos, lle cantaron nunha xuntanza en meses aínda recentes, nun enclave peregrino e interacción humana coa natureza, no seu paso por Padroso, en terras ourensáns de Xunqueira de Ambía, berce do Fillo Predilecto, Bieito Ledo, igualmente "Vigués Distinguido", cidade olivíca onde noutrora  fundou "Ir Indo", aquela editorial que deu a luz a Enciclopedia Universal e pariu, entre outros moitos títulos e agora mais un co nome do exemplar centenario vencellado  a memoria do editor e súa familia, con deseño do camarada e irmán, Antón Pulido para a portada.

 

En Xunqueira de Ambia/
ergue altivo e frondoso/
arraigado na  fraguía/
o Carballo de Padroso!/


Xeneroso, oferta abrigo/
ao peregrino cansino/
prestando boa sombra/
ao pé do Camiño/

 

Así lle recitou o polifacético nonaxenario, Secundino Diz, a beira mesmo do Camiño Mozárabe, no entorno natural, onde xa está en marcha un ambicioso proxecto, a Fundación que en principio se pensou bautizar co nome de Padroso, tomando logo novo rumbo para ser coñecida, aquí e alén Miño como Bieito Ledo. Nun artellamento poético, en meses recentes, unha morea de nomes propios da literatura e plástica galaico portuguesa, entre eles o profesor e Académico, Xesús Alonso Montero, Modesto Hermida, Luís González Tosar, e moitos máis xa recollidos no volume, declamaron na campía para potenciar o enclave frondoso coa fonte e a ruta peregrina, mesmo onde xa existe unha peza en madeira, tallada por Luís Suarez e pintada por aqueloutro artista plástico que chegou a este mundo en de Bóveda de Amoeiro.

Bieito

 

O carballo e meu, di Bieito/
tamén e ledo por ser voso/
o carballo e de todos/
que pasan por Padroso/

Sinte o vello carballo/
emocións que non delata/
por abrazo que lle dades/
na anterga Via da Prata./

 

No Café Nuevo Derby ubicado na Rúa Urzaiz da cidade olivíca, enfronte onde noutrora se situaba a emblemática Goya, fundada polo inesquecible Ruben Losada, reúnense agora algúns daquel esoutros clientes que noutrora ocupaban cadeiras arredor de Laxeiro ou do profesor e Académico, Xesús Alonso Montero e mesmo da barra do Café Goya, entre eles Secundino Diz, o mesmo que na súa faceta de pintor, trasladou as telas o "querqus robus", que abrazan os peregrinos no seu paso pola freguesía de Abeleda, un cadro pendurado agora nas paredes do Nuevo Derby, xunto  outras obras plásticas e poéticas do nonaxenario personaxe, rexistrado en Crecente con residencia en Vigo, amigo do empresario de Hostalería Eusebio Prado Fontao, que rexenta o céntrico negocio.

Manuel Estévez.