'Camiños por mar a Compostela'

A conselleiro de Cultura, Educación, FP y Universidades, acompañado por la delegada territorial de la Xunta en Vigo, inaugura la muestra "Caminos por mar a Compostela".
Camiños por mar a Compostela amosa a evolución da peregrinación a través da historia e pon o foco na peregrinación, co fito da Traslatio do Apóstolo por mar. Todo o percorrido acompáñase cunha serie de pezas significativas de diferentes períodos e orixes, incluíndo desde ánforas e aras da antigüidade prerrománica, ata obxectos medievais e conxuntos barrocos, entre outras.

Camiños por mar a Compostela amosa a evolución da peregrinación a través da historia e pon o foco na peregrinación, co fito da Traslatio do Apóstolo por mar. Todo o percorrido acompáñase cunha serie de pezas significativas de diferentes períodos e orixes, incluíndo desde ánforas e aras da antigüidade prerrománica, ata obxectos medievais e conxuntos barrocos, entre outras.

Outro dos aspectos destacados é a súa localización. Como indicou Román Rodríguez, ademais do valor das súas pezas, esta mostra permitirá abrir ao público lugares que ata o momento non formaban parte da visita pública: a parte interior do castro de Punta do Muíño de Vento e a chimenea orixinal da antiga conserveira. Xunto a eles, poderase ver tamén unha embarcación de grandes dimensións que realizou una peregrinación a Compostela dende Irlanda e que lembra ás tradicionais embarcacións nórdicas. “Todo un mapa conceptual que pon de relevo a importancia que este fenómeno tivo e ten para toda a xeografía galega e para a súa cultura”, engadiu o conselleiro de Cultura.

FONDOS PERMANENTES

A colección incorporada hoxe aos fondos permanentes do museo súmanse á que ofrecía o centro ata o de agora centrada na industria pesqueira galega. Nela, evócanse contedores de mercadorías portuarias e preséntanse documentos de video e audio, pantallas interactivas e obxectos orixinais relacionados coa historia da pesca con explicación sobre procesos extractivos, técnicas de salazón, lonxas...

PROGRAMACIÓN CULTURAL

Camiños por mar a Compostela forma parte da programación cultural que a Xunta ten en marcha este verán nos centros museísticos que xestiona en distintos puntos de Galicia, onde están abertas ao público unha trintena de exposicións de disciplinas artísticas variadas, como fotografía, performance e artes visuais, entre outras.

CONSELLEIRO

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe Camiños por mar a Compostela, a nova proposta que se incorpora como exposición permanente ao Museo do Mar de Galicia. A través dela afóndase na importancia das peregrinacións marítimas e o fenómeno xacobeo.

Como expresou o titular de Cultura, é un proxecto froito do esforzo do equipo do centro museístico e da colaboración de distintas institucións e entidades coa intención de  “ofrecer unha nova proposta expositiva que reflicta a relación que une aos galegos co mar e os seus vínculos co Camiño de Santiago”. A mostra pasará a formar parte das exposicións permanentes que se poden visitar no museo, e súmase así á colección permanente, centrada na industria pesqueira galega.

Nútrese de fondos propios e conta coa colaboración do Museo das Peregrinacións e de Santiago, o da Catedral de Santiago, o do Viño de Ribadavia, o de Pontevedra, o Arqueolóxico de Ourense, así como de coleccións tanto de particulares como de comunidades relixiosas.  “Esta colección permanente ilustra os grandes relatos que teñen conformado Galicia tal e como a entendemos hoxe en día, primeiro, sobre o propio concepto de peregrinación como unha viaxe de descubrimento e de reflexión e, segundo, centrándose na peregrinación a Compostela como parte dunha celebración universal de fraternidade, de espiritualidade e de solidariedade en clave galega”, indicou Román Rodríguez.