Artistas, poetas e artesáns únense para lembrar a aldea e a súa xente

Algúns artistas e artesáns que interveñen na mostra.
No Pazo de Sabadelle en terras de Chantada está patente ata o día 8 de xuño a a exposición 'O tempo que ficou no olvido', que conta coa colaboración do Concello. O slogan da mostra , sacada dun texto do inesquecible escritor galego, Antón Avilés de Taramancos,  pretende lembrar o tempo deses artesáns que facían que a vida da xente fora máis cómoda. 

No Pazo de Sabadelle en terras de Chantada está patente ata o día 8 de xuño a a exposición 'O tempo que ficou no olvido', que conta coa colaboración do Concello. O slogan da mostra , sacada dun texto do inesquecible escritor galego, Antón Avilés de Taramancos,  pretende lembrar o tempo deses artesáns que facían que a vida da xente fora máis cómoda. Así, está dedicada a todos eles e aos oficios que había na aldea de Sabadelle: comadroa, cesteiro, ferreiro, capador, alambique-iro, zoqueiro,entre outros .

Esta cita miticultura igualmente reuniu á artista e performance, Elena Salgueiro, aos pintores Lomarti e Xoán Guerreiro, ao escultor Tino Canicoba, a Mercedes V. Saavedra e a súa proposta de etnografía de mulleres, á Premio Nacional de Poesía, Olga Novo; á música, Carolina Rubirosa e á ourive de Compostela, Susi Gesto.

Susi Gesto desenvolveu na Casa do Losada en Sabadelle o obradoiro 'Virxe do Faro' para a elaboración dunha xoia para a Virxe do Faro. Do obradoiro do que participaron 25 persoas de toda Galicia resultaron dúas xoias, unha para a Virxe do Faro e outra para a filla. Colaborou da iniciativa o Concello de Chantada, o Bispado de Lugo e a Fundación Pública da Artesanía de Galicia.

Desde o Concello destácase a importancia de apoiar este tipo de iniciativas que “poñen en valor o patrimonio e dignifican os nosos costumes e tradicións”, como asegura o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez. O obradoiro forma parte da exposición que se inaugurou  o día 8, coa presentación d estas pezas de xoiaría ao público.

Xosé Antonio  Quiroga Díaz, director do Eco museo Pazo de Arseriz, lembrou no acto de apertura do evento no medio rural na parroquia de Sabadelle a mulleres e homes que traballaron, viviron e partillaron nos lugares de Carballedo, Castiñeira, Stª Rosa, Cardavós, Vilameá e Fondo de Vila, unha extensa nómina de veciñas e veciños que so seu oficio artesán atenderon as necesidades do resto da comunidade e da bisbarra, entre eles Balbina  González Fernández, costureira; Remigio Toubes Subiela, zoqueiro; Pura de Sudrio, parteira;  Jaime González Fernández, Cubeiro; Antonio Reinoso Vázquez, capador; Antonio Vázquez Fernández, Alambiqueiro; Regina Fernández Pena, Tecedeira; José Fernández López, Xastre; Elias Varela Rodríguez, sacristán;  Delfina Somoza Nodar,  Tecedeira; Manuel Eiriz Fernández; Zapateiro; Silverio Ferreiro Gómez, Xarreiro/ Cesteiro; Anuncia Pérez Varela, Parteira; Dario José Ledo das Quintas, Fragueiro/Cubeiro; Luís Ledo Rodríguez, Ebanista; Tomas Figueroa, Ebanista; Manuel Ferreiro Otero, Ferreiro; Victorino Moure Nodar, Zapateiro e Manuel Estévez Méndez, Zoqueiro.


Despois da presentación, o Concello de Chantada farase cargo das xoias para entregarllas á Virxe, coincidindo coa romaría na súa honra e permanecerá aberta ata o 30 de setembro.


O Pazo de Sabadelle leva 15 anos con este tipo de propostas que pretenden acercarlle á poboación a cultura e artesanía que se fai en Galicia, aberta  á visita de Centros de ensino e outros colectivos.