A arte de Olga Bernardo: Do Xurés á Península Ibérica
Aínda que non sentira un grande interese polo mundo das artes, foi no ano 2018 cando se envorcou por completo na pintura, participando en exposicións, tanto colectivas como individuais, na península, contando a través da paleta historias cunha enorme forza expresiva, luz e cor. Olga Bernardo, a mesma que tivo como berce o corazón do Parque Natural do Xurés, descobre día a día, a través de diferentes técnicas, o mundo artístico do que xa forma parte o seu contorno vital.
Homenaxe aos falecidos por COVID 2019, "Decorarte", ambas as dúas virtuais, e logo "Manchados de Talento", un proxecto colectivo da Cámara de Comercio de Granada, foron as primeiras incursións públicas nas artes plásticas, no ano 2020.
"A miña mellor obra", colectiva e virtual, igual que "As cores da primavera" e "Iguald'Arte", arrincaron no seguinte ano, 2021, participando tamén en "Puxedo acotío", certame de pintura ao ar libre, en Lobios, e na Mostra colectiva Circol´Artes III, na Casa de Cultura de Melgaço, no Norte de Portugal.
En 2022, integrouse en Circol´Artes, IV edición colectiva que tivo como escenario o Castelo dos Viscondes, en Sistelo, Arcos de Valdevez. A seguinte, "Liñas, Cascas & Manchas", colectiva no espazo museístico Pura Santos de Entrimo, así como en "Arte Vadía", na Casa dos Poetas de Celanova; "Puxedo acotío", certame celebrado en Lobios, e novamente outra edición de "Circol'Artes, en Melgaço.
En 2023, concorre a 9 exposicións, "Sistelo", en Arcos de Valdevez; "Triloxía das horas extras", no Museo Pura Santos; "Abstracto e algo máis", individual na Sala dos Arcos en Celanova; "Esencia", individual, no Parque do Xurés en Lobios; "Cores sen fronteiras", no Paço do Concelho de Ponte da Barca, e participa no XXVII Certame de Pintura ao aire libre Póvoa de Lanhoso, contemplada no Theatro Club.
En Lobios, Vicela, Vilanova dos Infantes as seguintes "Puxedo acotío", "Circol'Artes 6", "Homenaxe á Virxe do Cristal", colectiva na Torre de Vilanova dos Infantes; e a 7ª edición Circol'Artes en Melgaço.
En ano 2024, xa son oito o número de exposicións nas que se integra, "Retrospectiva", individual no Castelo dos Viscondes de Sistelo, Arcos de Valdevez; "Art'in Lima", mostra Internacional de Arte en Ponte de Lima; Arcoz´Arte, Bienal de Pintura na Casa das Artes de Arcos de Valdevez; XVII Bienal de Pintura "Balconadas" en Betanzos; "100 Artistas" en Gondomar, Porto; XXVIII Colectiva en Gondomar, Porto; XXVIII Certame de Pintura Póvoa do Lanhoso, exposición, Theatro Club, e "Dende a Terra a Castilla", no Palacio Ducal de Medinaceli en Soria.
En Lobios, Vicela, Vilanova dos Infantes as seguintes "Puxedo a cotío", "Circol'Artes 6", "Homenaxe a Virxe do Cristal", colectiva na Torre de Vilanova dos Infantes; e a 7ª edición Circol'Artes en Melgaço.
No ano 2024, xa son oito o número de exposicións, nas que se integra, "Retrospectiva", individual no Castelo dos Viscondes de Sistelo, Arcos de Valdevez; "Art'in Lima", mostra Internacional de Arte en Ponte de Lima; Arcoz´Arte, Bienal de Pintura na Casa das Artes de Arcos de Valdevez; XVII Bienal de Pintura "Balconadas" en Betanzos; "100 Artistas" en Gondomar, Porto; XXVIII Colectiva en Gondomar, Porto; XXVIII Certame de Pintura Póvoa do Lanhoso, exposición, Theatro Club e "Dende a Terra a Castilla", no Palacio Ducal de Medinaceli en Soria.