A APG súmase o Día das Letras Galegas cunha nova versión en galego da súa web

Xornalistas que asistiron ao almorzo coa ex secretaria de Medios de Comunicación da Xunta de Galicia, Silvia Valdés, o pasado luns 13 de maio.
A APG quere desta forma dar resposta á súa vocación de promover o emprego do idioma galego, tanto falado, como escrito, entre os profesionais e os medios de comunicación da nosa comunidade. 

Galicia (APG) estrea a súa páxina web no noso idioma, facéndoo coincidir coa celebración mañá do Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea á narradora, poeta, ensaísta, filóloga e violinista da xeración dos noventa Luisa Villalta Gómez (A Coruña 1957-2004).

A APG quere desta forma dar resposta á súa vocación de promover o emprego do idioma galego, tanto falado, como escrito, entre os profesionais e os medios de comunicación da nosa comunidade. “Era necesario que fixésemos este esforzo para dar un paso adiante cara ao fomento do uso da nosa lingua e, todos na APG, coincidimos en que a data máis adecuada para a súa presentación en sociedade era este 17 de maio”, explicou a súa presidenta María Méndez.

Para saudar á nova web en galego da APG, a Asociación loce na propia ciberpáxina un cartel que inclúe unha lenda da homenaxeada desta edición do Día das Letras Galegas e dous vídeos de benvida; un, do investigador, profesor e crítico literario Armando Requeixo, e o outro, da xornalista, escritora e membro do Consello Asesor da APG María Xosé Porteiro. 

Na súa benvida, Requeixo salienta que, “se hai un sinal que define o ADN da Asociación de Periodistas de Galicia ese é, sen dúbida, ó seu compromiso coa nosa lingua, por iso nesta renovada web que agora estrea ten lugar senlleiro, e esa é unha nova que causa ledicia e que confirma o compromiso da Asociación coa nosa cultura e coa súa historia”. 
2
Pola súa banda, María Xosé Porteiro lembra no seu vídeo unha cita de Álvaro Cunqueiro, ao que cualifica como “o mestre maior das xentes que dedicamos a vida e os soños a informar”, nunha homenaxe que recibira no ano 1980: “eu quixer, e quero, que a fala galega dure e continúe, porque a duración da fala, é a única posibilidade de que nós duremos como pobo”. Segundo Porteiro, coa expresión dese desexo, “Cunqueiro marcounos un camiño a seguir expresando 
ese desexo, que pasou a formar parte dos anceios do noso pobo”.

Nesa liña, a escritora e xornalista, chega afirmar que, se quixesen facer un eloxio dela despois de morta, a súa lápida podería dicir: “aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis… a por outras mil”.

A nova páxina web en galego da APG inclúe tódolos contidos que se refiren á intensa actividade que desenvolve a Asociación para a formación, dignificación, debate e desenvolvemento da profesión xornalística e da comunicación en Galicia, e contou para o seu desenvolvemento coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.