Ana Cancela, presenta en Chantada 'Espazos liminais na miña memoria'

Ana Cancela.
A que fora pregoeira da Festa do Viño de Belesar, na edición anterior e autora do cartel, Ana Cancela, pintora de Dorrón, en terras de Pontevedra, chega agora a Casa de Cultura de Chantada cunha mostra de pintura basixo o título 'Espazos liminais na miña memoria'.

E licenciada  en Folosofía  e Ciencias  da Educación pola Unversidade de Santiago de Compostela e posue  o Premio  Sanxenxo na historia,polo traballo feito ao frente do Seminario de Estudios Locales, realizado durante máis dunha década, promovendo e recuperación de valores históricos e culturales do Concello  e destacada por impulsar a actual Escola de Arte de Sanxenxo, pero fundamentalmente, pinta.

En tempo ainda recente, coincidindo co 8 de marzo no QAuditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán, foi recoñecida como muller inspiradora do Concello de Sanxenxo.

De nena pasaba moitas  horas atenta os cadros que ía pintando súa tía, época  na que xa ela con 13 anos  facia retratos.

Foi formándose con pintores, mais non foi a Belas Artes de Pontevedra  ata cumplir  52 anos, obtendo a Licenciatura.

"Atrapados noutra dimensión", "A porta do alen", "As cores da miña adega", "Paisaxes abstractos" ou "Por onde meu carro anda", son traballos que se poden  ollar durante este mes  na Casa de Cultura de Chantada, unha mostra comisariada por Manuel Estévez