A ucraína Olga Syniakova gaña o II Concurso de Canto Compostela Lírica

Olga Syniakova en Teatro Circo de Albacete, en 2018. ARQUIVO.
O segundo premio recaeu en Beatriz de Sousa, mentres que o Premio Gaos que recoñecía a mellor voz galega levouno a lucense Lucía Iglesias

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC), en colaboración coa Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, o Conservatorio Profesional de Música de Santiago e a Universidade de Santiago, convocou o II Concurso de Canto Compostela Lírica tras o éxito de participación e público da primeira edición. Tras a celebración do Teatro Principal de Santiago desta tarde da final, o xurado composto por Arturo Reverter Gutiérrez de Terán (crítico musical), Celestino Varela (director artístico da Ópera de Oviedo), Joan Company Florit (director dos Coros da Orquestra Sinfónica de Galicia), Victoria Stapells (crítica musical) e Graziela Valceva Fierro (mezzosoprano e profesora de canto) escolleu ás voces gañadoras desta segunda edición do Concurso de Canto Compostela Lírica:

A ucraína Olga Syniakova  gañou o primeiro premio,

dotado con 3.000 euros e un recital remunerado.

A

portuguesa Beatriz de Sousa gañou o segundo premio, cuxa dotación

é de 1.000 euros e conta tamén cun recital remunerado. Ambos os dous premios

contan co patrocinio da Fundación José Otero y Carmela Martínez.

A

lucense Lucía Iglesias acadou o Premio Andrés Gaos que, co

patrocinio do Consello da Cultura Galega, conta cun recital remunerado. 

Nesta

segunda edición, inscribíronse un total de 40 cantantes de dez nacionalidades.

Tras a valoración da organización, 27 voces participaron na fase eliminatoria

que despois da súa actuación no Teatro Principal do sábado, 10 convertéronse

nos finalistas que na tarde deste domingo se disputaron a final. Este ano, as

voces femininas foron 20 fronte as 7 masculinas.

DATOS BIOGRÁFICOS

Lucía

Iglesias. Premio Andrés Gaos. Lugo, maio do 2000. Comeza os seus estudos musicais

á  idade de seis anos. Dous anos despois

traballa de figurante na ópera Werther e é aí onde descobre a súa vocación polo

canto e a ópera. Forma parte durante nove anos do coro de nenos e mozos da Orquestra

Sinfónica de Galicia e alí exerce habitualmente de solista. Comeza os seus

estudos vocais coa mestra Diana Somkhieva. Gaña o concurso de solistas do

conservatorio da Coruña e o concurso sabadellense Mirna Lacambra, o que lle

dará lugar a facer o seu debut profesional aos 19 anos. Frecuenta habitualmente

cursos dos mestres Manuel Burgueras e Francesca Roig. Actualmente compaxina o

seu útimo curso de grao profesional nas especialidades de canto e piano cos

seus compromisos na capital catalá.

Beatriz de Sousa.

Segundo Premio. Nada en Lisboa, estuda no Conservatorio do Liceu e na

Universidade de Música de Viena. Debutou o papel de Adina ( L’ elisir d’

amore, Donizetti) na Ópera de Tenerife, papel que volverá representar na

Ópera Nacional de Tbilisi e no Teatro Comunale di Bologna. Destacouse en roles

como Lucy (The Telephone, Menotti) na Fundación Gulbenkian, Anima Ingrata (Il

Ballo delle Ingrate, Monteverdi) na Dutch National Opera, Corinna ( Il

Viaggio a Reims, Rossini) no Rossini Opera Festival, Galatea ( Acis and

Galatea, Händel) na New Belgrade Opera e Pamina (Die Zauberflöte, Mozart) en

diversos festivais en Francia e Austria.

Olga Syniakova. Primeiro premio. Mezzosoprano ucraína. Gradúase na Academia de Música de Dnipro,

onde recibiu  a súa licenciatura en

Interpretación Vocal. Profesora de canto, Olga fixo o seu debut como Cherubino

en Le Nozze di Figaro na ópera de Dnipro. Despois foi convidada ó

conxunto da ópera de Dnipro e debutou como Lola Cavalleria Rusticana e Carmen

en Carmen. Ao mesmo tempo cantou na filarmónica alt Pergolesi

"Stabat Mater". Estudou no estudio de ópera Placido Domingo en

Valencia desde setembro do 2017 ata xullo de 2019. Alí realizou concertos e

clases maxistrais con Roger Vignoles e Jocelyne Dienst Bladin.