A pegada xacobea en Francia
A exposición “Les Gens du chemin. Peregrinación a SaintesMaries” producida polo Museo das Peregrinacións e de Santiago con fotografías de Olga Seoane Paulus, chega ao MuseoEtnolóxico.
Esta mostra recolle a tradición vinculada a localidade de SaintesMaries de la Mer, situada no delta do Ródano, onde cada ano acoden milleiros de peregrinos a render culto a santa María Salomé, santa María Xacobé e santa Sara.
Os rituais que teñen lugar así como o fervor dos asistentes, en boa medida xitanos de toda Europa e mesmo doutros continentes, supoñen unha riqueza cultural da tradición viva que incitou á autora a reunir durante cinco anos os materiais que conforman a exposición: auténticos documentos gráficos cheosde vida, colorido e devoción.
Segundo a tradición, algúns dos personaxes mais achegados a Cristo, fuxindo das persecucións de cristiáns fomentadas por Herodes Agripa en Terra Santa, toman un barco sen remos que o destino fai chegar ás costas meridionais da Galia. As diferentes versións apuntan a distintos pasaxeiros, pero todas coinciden en que viaxaban María Salomé, a nai de Santiago o Maior (Zebedeo) e de xoán; María Xacobé, nai de Santiago o Menor (Alfeo) ; e Sara, escrava ao servizo das anteriores. A morte das dúas Marías producirase nun breve intervalo de tempo e no lugar onde foron enterradas, San Trófimo, bispo de Arlés,levantaría cara o século XII e as peregrinacións xa bastante difundidas no século XIV.
De orixe palestina, africana ou da propia rexión da Camarga, Santa Sara é un dos personaxes máis enigmáticos e que deuorixe ás mais diversas lendas. A peregrinación xitana para honrar súa patroa convertese cada ano nun festival único, espiritual,vibrante e colorido, que reflexa a concepción da vida desta etnia e a súa condición orixinaria de pobo errante: LES GENS DUCHEMIN
A peregrinación a este santuario da Provenza non está á marxe da peregrinación a Santiago de Compostela, xa que da veciña cidade de Arlés fan partir algúns autores a Vía Tolosana, que asúa vez conectaría coa Vía Francíxena que conduce a Roma. Sen dúbida boa parte dos peregrinos xacobeos e romeiros simultarían as súas peregrinacións a Santiago de Compostela e a Roma con peregrinacións ao Santuario de Nôtre Dame de la Meren Saintes Maries de la Mer.
Como mostra desta peregrinación o Museo Etnolóxico expón unha selección de 14 imaxes do proxecto, amosando a necesaria adaptación dunha tradición para á súa continuidade no tempo.
INAUGURACIÓN
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición Les Gens du Chemin. Peregrinación a Saintes Maries de la Mer coa que o Museo Etnolóxico de Ribadavia se suma á programación do Xacobeo 21-22 cunha proposta artística que repasa a pegada da tradición xacobea en Francia.
Como expresou o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, trátase dunha mostra producida polo Museo das Peregrinacións e de Santiago -onde tamén foi exposta- e que viaxa agora a Ourense para divulgar a importancia das peregrinacións nas distintas partes do mundo e o fai, engadiu, “nun momento de especial importancia como este Ano Santo, no que é fundamental reforzar a posta en valor do carácter cultural e espiritual do Camiño de Santiago”.
Neste sentido, Anxo M. Lorenzo destacou o papel do Museo de Ribadavia por acoller exposicións como estas sobre o carácter etnográfico de tradicións seculares vinculadas ás peregrinacións. Animou, ademais, a continuar traballando para ofrecer unha programación cultural “atractiva, completa e segura, que se reparta polos distintos concellos galegos coa intención de achegala de xeito descentralizado por toda a nosa xeografía”.
A exposición Les Gens du Chemin. Peregrinación a Saintes Maries de la Mer consta dunha selección de imaxes da fotógrafa Olga Seoane Paulus. Fai un percorrido pola tradición da peregrinación á cidade de Saintes Maries de la Mer coa que miles de peregrinos honran cada ano a Santa María Salomé e María Xacobé e establece vínculos coa peregrinación a Santiago de Compostela así como con varios dos seus rituais propios e compartidos. Poderá visitarse no museo do 2 de xullo ao 30 de agosto.