'A Coruña no tempo'

Afundación e a Xunta de Galicia presentan o catálogo da exposición 'A Coruña no tempo'-
Afundación, a obra social de ABANCA, e a Xunta de Galicia presentarán mañá, xoves 31 de agosto ás 10.30 h, o catálogo da exposición «A Coruña no tempo», unha mostra que reivindica o papel desta cidade na conformación de parte da identidade galega.

Na presentación, que terá lugar na Sede de Afundación, estarán o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela; a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; e o comisario do proxecto expositivo «Cidades no tempo», Manuel Gago.

«A Coruña no tempo», que se pode visitar ata o 16 de setembro aborda a cidade desde diversas perspectivas e a través de distintos enfoques, poñendo nun espazo común a cultura, a economía, a estética, o urbanismo, o lecer e o sentir dunha sociedade dinámica, emprendedora, liberal e marcada polas influencias internacionais que tiveron o porto como punto de entrada.