Veciños de Mos aprenden nos obradoiros 'As nosas Rosas nas Parroquias'

. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, achegouse para coñecer de primeira man as técnicas de fabricación de xabóns artesanais coa flor emblema do escudo municipal.
 Deste xeito foméntase unha rivalidade e competitividade sá entre as rosas das 10 parroquias, que competirán tamén o propio día 13 de xuño, xa que nesta edición do Concurso de Rosas incluirase a novidade do premio á mellor rosa de cada unha das 10 parroquias mosenses, de entre as que se elexirá a mellor de todo Mos, e unha mención especial á parroquia con maior participación.

Máis de 200 persoas participan nos obradoiros As nosas Rosas nas Parroquias, que desde o Concello de Mos organizáronse como preámbulo á Festa da Rosa 2022 que se celebrará durante todo o vindeiro mes de xuño (do día 3 ao 26).

Onte comezaron os obradoiros na AVV Santa Baia de Mos cun curso de elaboración de xabóns de rosas. E esta tarde impártese o meso obradoiro na Asociación San Martín de Tameiga en Costoias. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras mosenses Sara Cebreiro e Julia Loureiro achegáronse para coñecer de primeira man as técnicas de fabricación de xabóns artesanais coa flor emblema do escudo municipal.

Desde o 18 de maio ao 10 de xuño 14 asociacións culturais e veciñais acollerán os cursos de: Secado de Rosas, Xabóns de Rosas e Estampación de Rosas pintadas en tea. Todos/as os/as alumnos/as participarán destes cursos presentando rosas das súas parroquias na asociación.

Coas fotografías desas rosas énchense as redes sociais municipais potenciando o símbolo do escudo do Concello. Deste xeito foméntase unha rivalidade e competitividade sá entre as rosas das 10 parroquias, que competirán tamén o propio día 13 de xuño, xa que nesta edición do Concurso de Rosas incluirase a novidade do premio á mellor rosa de cada unha das 10 parroquias mosenses, de entre as que se elexirá a mellor de todo Mos, e unha mención especial á parroquia con maior participación. As 14 asociacións participantes nesta iniciativa son:

Obradoiro de Elaboración de Xabóns de Rosas:

18 de maio AVV Santa Baia

19 de maio San Martín de Tameiga

24 de maio AVV Chan do Bosque

1 de xuño CSCD As Pedriñas

4 de xuño CCS Herville

Obradoiro de Secado de Rosas:

23 de maio A Cividade de Louredo

30 de maio CC Abrente

31 de maio AVV Santa Ana de Veigadaña

7 de xuño CRC Torroso

10 de xuño ARC Guizán

 

Obradorio de Estampación de Rosas en Tea:

27 de maio AVC Ledicia de Sanguiñeda

28 de maio AVV Celado

1 de xuño AVV Nosa Terra de Pereiras

3 de xuño AVV Dornelas

 

Se hai algunha persoa interesada en participar nalgún dos cursos aínda pode incribirse directamente nas asociacións. Para solicitar máis información sobre a iniciativa pódese chamar ao teléfono 986 33 94 04.