Valença e Tui claman pola apertura da fronteira

As autoridades reclaman a reapertura da vella Ponte Internacional de forma inmediata.

A Eurocidade Tui-Valença reclama a reapertura da vella Ponte Internacional. Así o expuxeron este venres a carón desta centenaria infraestrutura o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes.

O alcalde de Tui,

Enrique Cabaleiro, indicaba que solicitan aos gobernos de España e Portugal que

“procedan á apertura da vella ponte internacional, cando menos ao tráfico local

e coas medidas oportunas”. Explicaba o mandatario tudense que “todos temos

asumido dende hai moitos anos que isto non é un paso fronteirizo, é unha ponte

que une unha única realidade social e económica”. Sinalaba Enrique Cabaleiro

que “esa unha única realidade se está vendo seriamente ameazada polo retraso na

apertura dos pasos fronteirizos” polo que reclamaba a súa reapertura de forma

inmediata.

O alcalde de Tui indicaba que a comparecencia conxunta deste venres dos dous mandatarios é “unha chamada de socorro para que axilicen as medidas de apertura das fronteiras con carácter xeral”. A situación actual “está a causar un grave prexuízo á economía en xeral e aos traballadores transfronteirizos en particular”.

Enrique

Cabaleiro, ante os medios de comunicación das dúas beiras, detallou as consecuencias

de ter un único paso fronteirizo aberto “está provocando disfuncións, colas, está

dificultando a mobilidade de persoas e vehículos, e iso é un handicap máis para

poder avanzar na recuperación económica” nos territorios transfronteirizos.

Afirmaba que  “estamos nunha situación moi

crítica porque temos unha casuística propia e nosa viabilidade económica depende

en gran medida dos clientes dun ou doutro lado da fronteira”.  Apuntaba amais que a gravidade da situación

queda plasmada no feito de que dos 7 pasos fronteirizos máis transitados da península

5 están na Galicia e só 1 – a nova Ponte Internacional - está aberto.

O presidente da

Cámara Manuel Lopes, puxo o aceno en que Galicia e o Norte de Portugal son un

único pobo, responsabilizando aos gobernos de Lisboa e Madrid das consecuencias

que poderá ter nas economías deste territorio manter o único paso na nova Ponte

Internacional

Manuel Lopes,

presidente da Cámara afirmaba que “estamos ante un pobo tranfronteirizo cuxas

economías locais dependen entre un 80% e un 90% da apertura da fronteira”.

Dicía Manuel Lopes “non estamos solicitando aos nosos gobernantes traballo, estamos

a pedir que nos deixen traballar”. Dirixíndose aos Gobernos de Portugal e

España  subliñou que “Portugal non é só

Lisboa, e España non é so Madrid” polo que os convidaba a achegarse á raia.

Tamén plantexaba dúas preguntas sobre se os gobernos español e portugués teñen

coñecemento das dificultades económicas, sociais e morais, e en especial do comercio,

restauración , hostalería e industria, e se teñen un plan de apoio ás

actividades económicas para ests rexión. Afirmaba “os nosos gobernantes serán

responsables da perda de emprego dos traballadores transfronteirizos,

Concluía Manuel

Lopes afirmando que Eurocidade non pode continuar divida “a nosa eurocidade é

unha cidade única, está habituada a traballar en conxunto, a vivir en conxunto”.

No acto deste venres os mandatarios tudenses estiveron respaldados por membros das corporacións municipais de Tui e Valença.