'Un minuto de información xuvenil', vídeos de mozos porriñeses sobre a información e o confinamento
O
Concello do Porriño, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información á
Xuventude), está a colaborar coas actividades do 17 de abril, Día Europeo da
Información Xuvenil. A OMIX está a colaborar na difusión da actividade proposta
pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería
de Política Social.
“Aínda
que nestes momentos estamos confinados polo andazo do ‘Covid-19’ que isto non
nos desanime e poidamos facer unha programación física para celebrar de xeito
virtual esta data”, manifestou Cami Moreira, concelleira de Xuventude.
Deste xeito a OMIX apoia a campaña 'Un minuto de información xuvenil' que propón que cada mozo e moza do Porriño grave e envíe un vídeo de 60 segundos no que resuma o que significa para ti a información xuvenil e o que se está a facer nese eido durante esta situación de confinamento.
Os vídeos poderanse enviar ao enderezo electrónico: información.xuventude@xunta.gal e serán colgados na conta de Instagram da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta @xuventudegalicia , a partir do venres 17.