Tui&Tapa, os venres e sábados degustación dun total de 22 tapas
Unha véntena de establecementos de restauración de Tui participan neste mes de marzo no II Concurso. Trátase dunha iniciativa da Asociación Cultural Arraianos que conta coa colaboración do Concello de Tui a través das concellerías de Comercio e Turismo.
Esta mañá tivo
lugar a presentación deste evento por parte da concelleira de Comercio, Ana Mª
Núñez, o concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ismael Diz, e a
presidenta de Arraianos, Andrea Costa.
Na presentación
deste mediodía a concelleira Ana Mª Núñez destacou a importancia deste evento
porque crea “marca” no municipio, atrae visitantes e dinamiza a cidade. Mentres o concelleiro Ismael Diz, resaltou o
interese da iniciativa e desexou que supere o éxito acadado xa na primeira
edición.
Andrea Costa,
presidenta de Arraianos, explicou o funcionamento deste concurso de tapas que
se celebrará os venres e sábado dende esta fin de semana e até finais de mes.
Establécense catro
rutas con cinco locais en cada unha delas. A Ruta Lume na que participan
Tapería Remesal, Restaurante Casa Pote, El Pilar Café-Bar, El Molino, e La Gran
Manzana. A Ruta Río está formada por O Peto das Ánimas, o Café Bar El Pórtico,
Santiamén, La de Manu, e Tapería Época. Mentres Tapas e Viño, Gastro Taberna
Santiamén, Tapería O Albergue, O Vello Cabalo Furado e Ideas Peregrinas integran
a Ruta Terra. Por último na Ruta Ceo están o Asador Pizzería La de Jose Luís, La
Oruguita, Amazonas, Café Bar Entrehoras e Puro Sabor.
Os venres e
sábados poderanse degustar un total de 22 tapas coma “Crocante da Raia”, “Primavera
de aguacate”, “Lulas flores”, “A Granxa de Teo” ou Empanadilla de lacón con
grelos e queixo de Arzúa. Hai dúas
modalidades unha tapa tradicional, que terá un prezo de 2€, e unha tapa
creativa cuxo prezo será 3.
Cómpre consultar
no folleto do concurso os horarios e datas nas que se servirán as tapas en cada
local. Algunhas das tapas ofertas son
aptas para celíacos, outras vexetarianas e veganas, estando identificadas no
folleto do concurso.
As persoas que
degusten as tapas poderán puntualas nas papeletas que estarán dispoñibles en
cada local, e isto lles dará a opción a entrar no sorteo dos catro premios establecidos:
Unha noite en Aloia Nature, unha cea para dúas persoas en Santiamén, un circuíto
de spa para dúas persoas, e a visita a unha adega e cata de viño tamén para
dúas persoas.